Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

9. Oitava etapa: Benestar/malestar docente.

9)   Oitava etapa:

 

   septima etapa do camiño.jpg

 

Despois de moitos días camiñando por diferentes lugares, chegou o momento de realizar a última das etapas do camiño, un percorrido pola costa. Un lugar fantástico para afrontar o derradeiro impulso cara a meta; o coñecemento do asesoramento.

Soamente queda emprender a última camiñata coa maior forza posible, polo que collín todo o necesario para a viaxe e comecei a camiñar incansablemente co fin de chegar ó lugar esperado.

Nesta etapa centrareime nun tema de actualidade como é o caso do benestar e malestar docente. Para comezar a tratar dito tema, farei unha análise sobre os conceptos anteriores.

Entre as características aportadas durante un debate na aula, atoparnos coas seguintes aportacións sobre o benestar e malestar docente:

 

BENESTAR DOCENTE

MALESTAR DOCENTE

Os profesores non poden deixarse influír pola   realidade social.

Elevada presión social.

Existe unha maior colaboración e unha axuda de   orientadores/as como asesores/as.

Os cambios na sociedade deben ser tidos en conta polo profesorado e se   non se fan bótaselle a culpa a estes.

En momentos de crise é bo saír adiante e facer   cambios.

Dificultade de saber que o que se fai é o correcto.

Os profesores posúen prazas estables, cun bo   horario …

Pouco recoñecemento laboral.

Traballo ben remunerado.

Falta de respecto, os mestres non se senten valorados.

Existencia dunha motivación interna de poder   cambiar o que non se comparte e tratar de facer algo mellor.

En ocasións existe unha falsa colaboración.

Favorécese máis a unión para mellorar unha   situación negativa.

En algún alumnos por diversas dificultades, antes

Os retos moven a labor docente.

Frustración porque o que se aprende nun día, ó seguinte esquecese.

Vanse valorando os logros día a día.

Diferentes ritmos de aprendizaxe na aula.

Importancia de acadar a inclusión e loitar por   iso facéndoa efectiva, posto que se non se loita non se lograría alcanzar a   satisfacción.

En algúns alumnos, por diversas dificultades, antes de ver os froitos que   alcanzan céntranse en observar que non son capaces de chegar ó estipulado.

O traballo do profesorado non soamente ten   repercusións  nun momento concreto, se   no que deixa pegadas e vai estar en nós a longo prazo.

Sobrecarga de tarefas.

Nalgunhas ocasións os profesores séntense   inseguros, pero esta cuestión non ten porque ser negativa posto que pode   axudar a impulsarse buscando alternativas e en caso necesario apoio.

As novas tecnoloxías provocaron que xente se xubilase antes posto que é   un gran cambio para eles.

Búscase a motivación interna.

A xente debe acostumarse a estar xuntos.

Intención de demostrarlle á sociedade a través   dos cambios que experimenten os alumnos, o imprescindible que é a escola.

Acoso dos alumnos cara os profesores (importancia, en certa medida, da   autoridade)

Posibilidade de comunicación e obtención de   materiais, intercambio de opinións, ideas, reflexións … con outras persoas.

Os profesores séntense presionados polos pais e en ocasións devalúase o   traballo do profesorado.

Un profesor debe crer no que fai.

Falta de apoio social.

Separar os alumnos na adolescencia pode   diminuír a indisciplina.

 

Os medios de comunicación non son   representativos, é conveniente saber interpretar as noticias. Realmente non é   a sociedade se no que son os medios de comunicación os que mostran as   noticias negativas maioritariamente

 

Liberdade de profesionalidade, a importancia de   crer nun mesmo, posto que se esa confianza non existe o benestar docente é   moi difícil de alcanzar.

 

 

 Posteriormente e tralo debate realizado na aula no que se expuxeron os puntos de vista sobre o malestar e o benestar docente nos centro educativo, chegamos a diversas conclusións como son as anteriores, pero á vez pódese dicir, tal e como sinalou Lourdes Montero que “El bienestar y el malestar docente son las dos caras de una misma moneda”. Isto acontece así posto que o que pode ser considerado como benestar docente nun momento pode ser convertido en todo o contrario (malestar docente).

Tra-la análise pormenorizada destes termos, Mónica (antiga alumna), explicounos de forma máis detallada cómo se atopa o malestar docente nos centros, a súa definición, as características, métodos de prevención …

 

Malestar docente.