Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Segunda parada da oitava etapa: O faro.

Segunda parada da oitava etapa: O faro.

Última actualización de en Raquel Souto López

 

Faro.jpg

 

Tras visitar o acantilado, dirixinme a continuar a viaxe. Xa quedaba menos para acadar o meu obxectivo, pero antes detinme a observar un lugar fermoso, O faro. Esta foi a segunda das paradas da oitava etapa, e mediante ela puiden coñecer a utilidade deste ademais das causas e consecuencias que a súa ausencia provocaría. Esta cuestión atópase relacionada co tema no que me vou a centrar a continuación como é o caso das causas e consecuencias do malestar docente.

 

En relación ó concepto de malestar docente, existen unha serie de causas e consecuencias que dan lugar á aparición do problema, como son as seguintes:

 

CAUSAS

CONSECUENCIAS

Masificación   nas aulas.

Esgotamento emocional: ó pensar continuamente no mesmo, perdendo así as   ganas de todo.

Escasa   valoración da labor docente.

Despersonalización: leva á persoa a un estado que non a deixa tratar co   mundo preto a el.

Progresiva   complexización da organización educativa.

Falta de realización persoal: a persoa comeza a dubidar da súa   capacidade.

Implicación   emocional con alumnos, pais e compañeiros, que desemboca moitas veces en   relacións conflitivas.

Enfermidades físicas como a ansiedade, depresión, dores músculo   -esqueléticos …

Exixencia   constante dun nivel de atención, concentración e precisión.

 

Falta de   recursos para facer fronte ás novas exixencias do sistema de ensinanza.

 

Indisciplina   dos estudantes.

 

                                       

Segundo outros autores, e en relación ó malestar docente, é necesario destacar a importancia que teñen a complexidade das demandas ó profesorado, os cambios que se producen nos centros escolares (afectando así ás vidas dos profesores/as), a insatisfacción e satisfacción no posto de traballo, o ambiente e clima da institución … como factores causantes desta perspectiva negativa no profesorado.

Todo elo non depende unicamente do traballo en si, se non tamén do contexto no que se desenvolva, polo que existen estudos nos que se trata o tema do desgaste profesional e o estrés como factores causantes do malestar docente. 

Un dos factores importantes correspóndese co estrés, vendo este dende dúas perspectivas diferentes. A primeira delas amósanos que o estrés é favorable sempre e cando permita afrontar o día a día, motivándonos e prestando esa enerxía necesaria para desenvolver as tarefas educativas diarias, mentres que a segunda se corresponde coa situación na que o estrés se vai das mans e pasa a ser desfavorable para os mestres, provocando neles un esgotamento e un desgaste emocional (bornout).

Segundo Feiman-Nemser (1990) outro aspecto do que depende o benestar ou o malestar docente son as recompensas existentes, tratando para iso a distinción entre dous tipos de recompensas:

-          Recompensas intrínsecas: aquelas xeradas trala realización dunha actividade por simple pracer, sen esperar un incentivo externo.

-          Recompensas extrínsecas: aquelas xeradas tras unha acción elaborada por un individuo recibindo algo a cambio.

 

Centrándonos nunha investigación de Rodrigo Cornejo Chávez (2009) sobre as “Condiciones de trabajo y bienestar/malestar docente en profesores de enseñanza media de Santiago de Chile”, pódense extraer as seguintes conclusións:

En primeiro lugar salientar que o obxectivo desta investigación correspóndese co análise do benestar / malestar laboral en docentes de educación secundaria de Santiago de Chile, e a influencia que teñen sobre este as condicións materiais e psicosociais do traballo docente.

Tras isto, destacar que os indicadores de saúde laboral docente máis empregados nos estudos cuantitativos actuais poden ubicarse en tres campos:

  1. Saúde física: trastornos músculo- esqueléticos, disfonías …
  2. Saúde mental: trastornos depresivos, ansiosos …
  3. Malestar ou benestar psicolóxico: esgotamento emocional, burnout, satisfacción laboral, compromiso …

 

A continuación extraéronse os datos acadados na investigación tanto en relación as condicións materiais de traballo como as condicións psicosociais do traballo docente, coas súas principais conclusións:

 

Condicións materiais.

Condicións psicosociais.

Emprego e precariedade: os docentes reciben unha   remuneración baixa en consideración ó nivel profesional da carreira.

Demanda laboral:   presión excesiva de traballo (maioritariamente no profesorado dos   establecementos municipalizados) e falta de tempo para realizar este, e   interacción problemática cos estudantes.

Xornada laboral: os docentes de educación   media traballar 10 horas extras non remuneradas á semana, posúen falta de   descanso e desconexión durante a xornada laboral.

Control sobre o traballo: os profesores contan con altos rangos de toma de   decisión sobre o seu traballo.

Pertinencia e dispoñibilidade de materiais   pedagóxicos: os materiais pedagóxicos de apoio á docencia son insuficientes.

Apoio social: os docentes   senten que o apoio social que lles amosa a dirección é menor que o que   reciben por parte da unidade técnico-pedagóxica e dos seus compañeiros.

Escala de esixencia   ergonómica: as esixencias ergonómicas son excesivas, especialmente no que respecta   a estar de pé durante a xornada laboral, ter que forzar a voz e estar exposto   a cambios bruscos de temperatura.

Significatividade no traballo: os profesores tenden a estar preto da media en   relación á posibilidade de vincular o traballo cos obxectivos que non son de   carácter instrumental como o salario e o traballo.

Condicións da infraestrutura: aínda existen algúns   colexios que non contan con lada de profesores, case a metade dos colexios   non contan cun mobiliario en bo estado e os docentes deben realizar as súas   clases en salas que non contan co illamento para os ruídos externos.

Entorno social de traballo: os colexios subvencionados son máis seguros que os municipais, nos cales   un terzo dos docentes foron ameazados ou afectados por actos de violencia na   escola.

---------------------------------------------------

Alumnos a cargo: en xeral os docentes teñen a cargo un promedio de 8   alumnos, pero noutros casos sobrepásase o número de alumnos por aula.

-----------------------------------------------------

Selección de estudantes: algúns   colexios realizan procesos de selección de estudantes.

 

Deste xeito pódese apreciar a situación que se esta a vivir neste país en relación ó ámbito educativo con respecto ó benestar e malestar docente, onde a conclusión acadada é que o profesorado posúe unha condicións materiais negativas (sobrecarga horaria, precariedade laboral …), problemas físicos, altos niveis de demanda laboral … todo isto producindo un malestar docente (burnout).

Finalmente destacar que as características expostas con anterioridade son posibles causas do malestar docente, é dicir, por medio delas un profesor/a vai acumulando aspectos que fan que se produza unha maior desmotivación e situacións adversas na súa profesión que finalmente pode terminar desembocando no burnout ou malestar docente.