Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Cuarta parada da oitava etapa: O porto.

Cuarta parada da oitava etapa: O porto.

Última actualización de en Raquel Souto López

puerto.jpg

Xa visitei varios lugares durante o meu percorrido, pero gustaríame visitar algún máis antes de rematar a viaxe, polo que agora pararei nun porto de Galicia. Un lugar máis transitado por mor do traballo que nel se realiza. Relacionando esta visita co seguinte apartado que vou traballar, pódese destacar o estrés, unha posible causa do malestar docente.

O estrés do profesor, segundo Barbarroja Vacas, Mª J (2009), defínese como:

“Aquella experiencia de emociones negativas y desagradables, tales como enfado, frustración, ansiedad, depresión y nerviosismo, que resultan de algún aspecto de su trabajo y que van acompañadas de cambios fisiológicos y bioquímicos”.

Por outro lado, destacar que toda situación de estrés laboral pode estar xerada por diversos motivos:

  • Unha resposta ante as presións ou tensións ás que se someteu o profesional.
  • Un estímulo que alerta de situacións indesexadas.
  • Un desequilibrio entre as exixencias do posto de traballo e as capacidades para conseguilos.

 

O estrés laboral xorde canto maior é a expectativa e implicación do profesorado, posto que é máis probable que o seu “ideal docente” se atope distorsionado coa realidade da ensinanza provocando así certa frustración e unha sensación de fracaso.

Entre as diversas causas do estrés, podémonos atopar coas seguintes:

  • Sobrecarga laboral.
  • Falta de control sobre as actividades e os resultados.
  • Insuficientes satisfacións no traballo.
  • Conflitos de rol.
  • Cambios rápidos e imprevistos.
  • Conflitos interpersoais.
  • Expectativas irreais.
  • Sentimentos de inadecuación.

En relación ó dito con anterioridade, destacar os síntomas xerais do estrés:

  • Estado de ansiedade.
  • Sensación de afogo e hipoxia aparente.
  • Rixidez muscular.
  • Pupilas dilatadas.
  • Incapacidade de conciliar o sono.
  • Falta de concentración da atención.
  • Irritabilidade.
  • Pérdida das capacidades para a sociabilidade.
  • Estado de defensa do eu.

 

Todo isto, está provocado por unha serie de estresores ou factores estresantes, que se poden clasificar en oito grandes categorías como son:

  • Situacións que forzan a procesar información rapidamente.
  • Estímulos ambientais perxudiciais.
  • Percepcións de ameaza.
  • Alteración das funcións fisiolóxicas.
  • Bloqueos nos nosos intereses.
  • Presión grupal.
  • Frustración.

 

Finalmente e como un dos aspectos primordiais deste documento, atopámonos coa prevención do estrés, e por conseguinte as posibles recomendacións para paliar dita enfermidade:

  • Establecer unha boa distribución do tempo que se dispón para realizar as tarefas pendentes, sendo necesario planificar, establecer prioridades …
  • Levar a cabo unha correcta organización das tarefas a realizar e anticiparse ós posibles problemas ou dificultades que poidan xurdir.
  • Realizar actividade física diaria e preocuparse por coidar os hábitos posturais.
  • Fortalecer o autoconcepto e potenciar as actitudes positivas.
  • Promover unhas boas relacións co equipo docente e fomentar a asertividade.
  • Recibir incentivos e recoñecementos por parte da Administración.
  • Fomentar as políticas de saúde laboral e de prevención de riscos para o profesorado.

 

En relación con todo o dito con anterioridade para relacionar o estrés co burnout (síndrome de estar queimado), plásmase unha táboa na que se diferencian as características de ambos:

                                                                                                                 

ESTRÉS

BURNOUT

Estrés non   crónico.

Estrés laboral   crónico.

Fases anteriores   ó burnout.

Fase final do   estrés.

Non está asociado   ós aspectos do burnout.

Asociado con   actitudes negativas cara o alumnado, o traballo e o centro educativo.

Pode ter efectos   negativos e positivos.

Sempre ten   efectos negativos.