Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Derradeira parada na oitava etapa: A cascada.

cascada

 

Chegou o momento de emprender os últimos pasos da nosa viaxe! Pero para iso queda coñecer outro dos lugares fermosos que temos en Galicia como son as cascadas. Un lugar divertido á vez que tranquilo polo ambiente que se respira nel.

Nesta última parada, centrareime nun termo relacionado co malestar docente como é a resiliencia, para terminar ofrecéndovos un poema que resume toda esta derradeira etapa do camiño.

A resiliencia é entendida como:             

  •  “ Fenómeno multifacético que abarca factores ambientales y personales” (Rutter,1985).
  • “ Habilidad de crecer, madurar e incrementar la competencia de cara a circunstancias adversas y obstáculos, recorriendo a todos los recursos, tanto personales como ambientales” (Gordon, 1996).
  • “ Aptitud para resistir a la destrucción, es decir, preservar la integridad en circunstancias difíciles: la actitud de reaccionar positivamente a pesar de las dificultades” (Vanistendael, 1994).

Outras definicións de resiliencia correspóndense con:

  • “ La resiliencia es la capacidad que posee un individuo frente a las adversidades, para mantenerse en pie de lucha, con dosis de perseverancia, tenacidad, actitud positiva y acciones, que permiten avanzar en contra de la corriente y superarlas” (E. Chávez y E. Yturralde, 2006).
  • “ La resiliencia es un proceso dinámico que tiene por resultado la adaptación positiva en contextos de gran adversidad” (Luthar, 2000).
  • “ Capacidad del ser humano para hacer frente a las adversidades de la vida, superarlas e inclusive, ser transformados por ellas” (Grotberg, 1995).

 

En canto as características das persoas resilientes podemos atoparnos con tres:

  1. Saben aceptar a realidade tal e como é.
  2. Posúen unha profunda crenza en que a vida ten sentido.
  3. Gran capacidade para mellorar.

 

Ademais disto, as persoas resilientes posúen as seguintes habilidades:

-        Son capaces de identificar de maneira precisa as causas dos problemas para impedir que volvan a repetirse no futuro.

-        Son capaces de controlar as súas emocións, sobre todo ante a adversidade e poden permanecer centrados en situacións de crise.

-        Saben controlar os seus impulsos e a súa conduta en situacións de alta presión.

-        Teñen un optimismo realista, pensan que as cousas poden ir ben, teñen unha visión positiva do futuro e pensan que poden controlar as súas vidas.

-        Considéranse competentes e confían nas súas propias capacidades.

-        Son empáticos.

-        Son capaces de buscar novas oportunidades, retos e relacións para lograr máis éxito e satisfación nas súas vidas.

Desta forma e tras expoñer as características e habilidades das persoas resilientes, pódese destacar que estas teñen unha mellor autoimaxe, son máis optimistas, critícanse menos a si mesmas, afrontar mellor os retos, son máis sanas fisicamente, están máis satisfeitas coas súas relacións, atópanse menos predispostas á depresión …

Finalmente, e centrándonos nos compoñentes a desenvolver para ser resilientes atopámonos cos seguintes:

  • A flexibilidade psicolóxica (concibe o cambio).
  • Ser activo /a (intentar poñer da súa parte).
  • Participación en diferentes actividades (involucrarse).
  • Capacidade de reiniciarse.
  • Tolerancia cun mesmo e cos demais (non hai que tratar de ser perfectos).
  • Apoio emocional.
  • Non fuxir dos problemas se non afrontalos e buscarlle a solución, vendo deste xeito os problemas como retos e non como ameazas.
  • Descansar e recuperar forzas.
  • Confiar tanto nun mesmo como nos demais.

 

Por último destacar o seguinte poema de Joan Maragall, obtido do artigo “Riesgos psicosociales en la universidad. El síndrome de burnout y el mobbing” (Buendía J, 2003), fai referencia ó burnout, e a través del expóñense ideas para tratar de previr este problema dicindo que se debe amar o oficio, a importancia de esforzarse, que cada un só ten que facer o que debe con amor …

 

Ama tu oficio

tu vocación, tu estrella

aquello para que sirves

                                                          aquello en que                                                         

realmente eres uno

entre los hombre.

Esfuérzate en tu quehacer como si

de cada detalle que piensas, de cada palabra que dices,

de cada pieza que pones, de

cada golpe de tu martillo, dependiera

la salvación de la Humanidad. Porque depende, créelo.

Si olvidado de ti mismo haces cuanto puedes

en tu trabajo, haces más que un emperador rigiendo

automáticamente sus Estados; haces más

que el que inventa teorías universales

para satisfacer sólo su vanidad,

haces más que el político,

que el agitador, que el que gobierna.

Puedes desdeñar todo esto y el arreglo del mundo,

el mundo se arreglará bien él sólo

con sólo hacer cada uno todo su deber

con amor, en su casa.

 

Chegou o fin da viaxe, a derradeira etapa remata e botando a vista atrás o percorrido realizado tivo os seus momento difíciles, pero todos se foron superando coa axuda de Lourdes e dos demais compañeiros, que coas súas aportacións fixeron posible solucionar as miñas inquedanzas ó longo de cada unha das etapas.  Por outro lado destacar o gran número de contidos aprendidos sobre o asesoramento por medio do emprego de medios moi diferentes entre os que están os libros, artigos, xornais, imaxes, vídeos multimedia …