Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

10. Meta: O noso compañeiro; o asesoramento.

10)     Meta:

meta.jpg

Chegamos ó fin do camiño e tras percorrer varias etapas, a sensación final de todo o proceso é positiva tanto a nivel persoal como de adquisición de coñecementos.

O emprego dunha ferramenta novedosa para min, como é o caso do portafolios, ó comezo resultoume un pouco complexa posto que non sabía da súa utilidade e manexo. Aínda así co paso dos días funme adentrando neste novo instrumento de aprendizaxe e finalmente podo destacar que é un medio positivo para adquirir coñecementos de maneira dinámica, colaborativa e coa que se poden contrastar opinións, sendo máis enriquecedor o proceso de aprendizaxe.

Por outro lado, en canto ó asesoramento podo destacar que actualmente teño coñecemento de cuestións que con anterioridade non me plantexaba e das que non posuía información pero que tras indagar en diferentes medios como libros, revistas, xornais, internet … puiden coñecer moito máis sobre este concepto e outros relacionados co mesmo.

Finalmente destacar como valoración final que me gustou como transcorreu a materia e a metodoloxía empregada posto que se nos dou a oportunidade de traballar sobre un tema dunha maneira persoal á vez que nas sesións da aula se traballou de forma conxunta.