A.2 - Introducción 2.0

A.2 - Introducción 2.0

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

Aquí me atopo, de novo, elaborando o que vai ser o meu segundo e-Portafolios, ainda que mellor dito, será unha mellora do meu e-portafolios anterior.

Ante a avaliación negativa en Xuño, plantexouseme a posibilidade de superar esta materia cunha mellora da elaboración do meu traballo. E iso foi o que durante estas últimas semanas estiben a intenatar.

De ahí ben o título que lle dou a este novo traballo, “e - Portafolios 2.0”. Que significa isto? Pois que coido que hai certa similitude con o proceso do meu traballo, onde se necesitaba un cambio e unha mellora similar o cambio que se produce da Web 1.0 a Web 2.0. Isto é, dar un paso dende almacenare reproducir información a xerar contido.

Antes de comezar coido que sería correcto recordar os obxectivos desta materia, obxectivos que o longo do seu desenvolvemento aludímos en numerables ocasións. Na materia de Tecnoloxía da Educación, procurouse que comprendésemos e valorásemos as novas fontes de construción e acceso o coñecemento así como as repercusións que isto tería no mundo da educación. As novas alfabetizacións tan necesarias no mundo actual, a innovación, os diferentes recursos dixitais e a súa posible implicación no proceso formativo e educativo, e en definitiva, o noso papel como futuros pedagogos ante estes novos medios para a aprendizaxe.

E sen máis, comezarei apresentar os cambios e novos conceptos que sumei o meu portaflios, os cales considero que incorporan evidencias do meu proceso de aprendizaxe nesta materia e mostran parte do coñecemento adquirido.

 

                                                image