A.3 - Cambio de Metodoloxía

A.3 - Cambio de Metodoloxía

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

O aspecto que que sinalaría como máis novidoso para min nesta materia foi sen dúbida o cambio da metodoloxía empregada na avaliación, avaliación que se levaría a cabo dende esta plataforma na cal estou a escribir.

Nunca tiveramos un método semellante na carreira, unha avaliación así, o que coido que pode asustar nun principio e ó que custa adaptarse. Sen dúbida un gran cambio para nos, os que estabamos acostumados a un proceso de ensinanza-aprendizaxe totalmente receptivo pola nosa parte, un metodo tradicional e lineal que deixa moi pouca cabida a reflexión, participación e creación de coñecemento propio.

Ir a clase, coller apuntes, estudiar ditos apuntes un par de días e ir a un examen.” Ese é o método o que por desgracia estamos acostumados.

Un cambio case sempre xera certa resistencia ainda que poida ser a mellor. Xera dubidas, agobio e mesmo medo ou escepticismo ainda que so sexa por acomodación ao antigo método ou por falta de costume ao novo. Coido que de ahí poidan xurdir os meus problemas iniciais con a materia, o que provocou que na primeira etapa desta materia os meus traballos se asentasen sobre unha inseguridade, que a hora de publicar xurdisen unha chea de preguntas, darlle voltas e voltas a cada entrada, iniciar entradas e logo deixalas a metade e sen publicar, entradas subidas a mal e correndo só polo feito de subir algo, etc. En definitiva, coido que non souben adaptarme a esta metodoloxía nun principio, e isto probocou que o posterior desenvolvemento na materia fose un tanto mediocre. Pero isto non quere dicir nin moito menos que non aprecie este tipo de metodoloxía, mais ben todo o contrario, so que por descoñecemento, falta de costume ou de interese, non a souben aprobeitar.