A.5 - Conclusións 2.0

A.5 - Conclusións 2.0

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

Pois ben, de novo chego o fin desta materia coido que con mellores resultados que a vez anterior. As dubidas e medos foron deixados a un lado é agora as entradas do blog gozan de reflexións e contidos máis completos e propios, polo que coido que desta vez houbo un maior achegamento os obxectivos da materia. Tamén cabe destacar que o grado de satisfacción persoal alcanzado por cada unha destas entradas foi moito maior ca o que experimentei na anterior etapa, posto que ditas entradas esta vez foron realizadas mediante un proceso moito máis elaborado, un traballo mais costoso pero máis gratificante posto que incluia moitos máis coñecementos e opinións propias cá o traballo anterior.

En canto o fio condutor deste "novo blog" considero que foi as oportunidades que brinda a tecnoloxía e a nova sociedade a educación, así coma os inconvintes que xurden da mala utilización das mesmas ou da súa ignorancia.

Un novo método de aprendizaxe que conleva un novo método de avaliación, un método, que en palabras dun compañeiro na primeira clase desta materia, levabamos tanto tempo pedindo e que agora está aquí e temos a oportunidade de experimentalo.