3. O proceso seguido

3. O proceso seguido

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

A realialización de este blog penso que foi todo un reto para nós. Cando foi explicada o noso papel neste, todos quedamos sorprendidos e anonadados co que se nos ofrecía na clase de Tecnoloxía Educativa.

Por iso, neste e-portafolios quero deixar reflexado que todos, e eu mesma, intentamos impregnar esta rede de novos coñecementos, ao mesmo tempo que facíamos comentarios e aprendíamos novos contidos a partires das entradas dos compañeiros e do traballado na aula.

image

Entre as entradas que publiquei dende o inicio da materia ata o día de hoxe considero que son relevantes cada unha polos distintos datos que aportan, aínda que algunhas poden chamar máis a atención e conter temas de maior relevancia.

O Stellae danos a posibilidade de crear de numerosas formas aportacións propias novas mediante tweets, páxinas, blogs,  archivos... Ao mesmo tempo podemos interactuar e coñecer as opinións e dalas nós mesmos sobre outros temas que a xente sobe a web.

Entre as entradas que considero máis relevantes da miña propia colleita podemos encontras as seguintes:

  • Reflexión e As novas tecnoloxías e o cambio: estas dúas entradas dannos pé a pensar, analizar e criticar o estado das tecnoloxías na nosa sociedade.
  • Prezi e Moodle: dannos a coñecer novos instrumentos cos que poder levar a cabo un bo proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Alfabetización dixital e PLE:traballan contidos dados na clase e que nos serven de repaso e de apoio de coñecementos.
  • Aprendendo dos erros: traballa a posibilidade do erro como reforzo.image