4. Conclusión

4. Conclusión

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

image

Primeiro de todo, penso que esta materia dounos unha liberdade que nos axudou a construír o noso PLE ao igual que nos permitiu reflexionar sobre cuestións ás cales antes non prestáramos atención.

image

Creo que fomos aportando a partir do dado na clase e do noso interés e curiosidade unha linea de coñecementos e conceptos que nos foron transmitindo novos valores sobre a tecnoloxía e o seu labor no aprendizaxe.

Todo isto reflexa a nosa andanza nesta materia e o que crimos relevante e de interese na influencia das tecnoloxías. Permitíusenos amosar o noso punto de vista en canto a este tema e compartilo cos nosos compañeiros; ao igual que matizar e comentar as entradas que outros facían sobre temas que crían de interese público.

Penso que a metodoloxía levada a cabo sirveunos para poder visualizar de forma distinta a tecnoloxía e a tecnoloxía educativa e a súa influencia na nosa vida diaria. Todos puidemos aportar ideas e conceptos que enriqueceron o noso saber e axudaron no noso aprendizaxe sobre estos temas.

Esta materia está chea de contidos, vivencias e situacións que a fan especial e penso que singular con respeto ao resto de asignaturas e creo que estamos todos de acordo se digo que foi unha das máis amenas e das que poidemos sacar mais xugo dos seus contidos.

Finalmente, dicir que a iniciación e introducción no mundo dos blogs e no #PostureoStellae fixo amena e de gran valor o noso aprendizaxe e adquisición de coñecementos.

image