3. Introdución.

3. Introdución.

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

Un ano máis tivemos a oportunidade de traballar a través da Rede Social Stellae, sen dúbida está rede forma unha parte importante do noso paso pola carreira de Pedagoxía, pois con ella descubrimos unha nova maneira de traballar seguindo unha metodoloxía máis activa e autónoma. Adquirimos, pois os nosos coñecementos mediante un proceso de metacognición, autorregulando o noso aprendizaxe, é dicir, fomos capaces de planificar estratexias, indagar, selecionar, reflexionar, analizar e compartir para transferir todo isto a unha nova situación de aprendizaxe; unha situción de aprendizaxe que nos mesmos construimos e eleximos. Esta metodoloxía provocou que nos fosemos construíndo o noso propio camiño polo que este proceso de habilidades e competencias foi cando menos un traballo motivador.

Neste caso, traballariamos coa materia Formación e Desenvolvemento do Profesorado coa docente Lourdes Montero. En reAs rosas e as espinas da tecnoloxía. Comezo dun novo camiñolación coa materia Tecnoloxía educativa, xogabamos con algo de vantaxe posto que xa coñeciamos o instrumento co cal traballar, sabiamos como funcionaba iso do “Stellae” que no seu momento nos pareceu tan novedoso como descoñecido. Non obstante, esa vantaxe inicial non provocou que o camiño a percorrer fose máis sinxelo,polo contrario. Estabamos ante unha nova materia, case descoñecida para o colectivo total da clase polo que o proceso de análise e síntese dos coñecementos, foi cando menos unha tarefa complexa. Para min este proceso foi como a entrada na primavera, a partir de simples pétalos pouco a pouco van aflorando todas as flores que lle dan vida e cor a dita estación. Non obstante, a aparición do primeir pétalo non foi unha tarefa sinxela máis pouco a pouco fun capaz de construir e darlle forma ao meu proceso de aprendizaxe. Como en todo proceso existen días malos e días bos, días cargados de enerxía, motivación e ganas e outros máis decaidos polo que as espinas, como en toda primavera, tamén estiveron presentes neste autocamiño que fun construindo pasiño a pasiño.


A partir destas páxina, intentarei recoller todo aquello que tratei e sobre o que reflexionei no meu portafolios. Non se trata, nin moito menos de todo o que poderiamos análizar e estudar nesta materia, senón de aqueles aspectos que dia a día fun selecionando como importantes pero estou consciente de que este tan só é o principio desa primavera da cal ainda me queda moito por aprender e interiorizar. As flores que afloran nesta estación do ano non aparecen e reaparecen dun día para o outro senón que pouco a pouco vanse nutrindo da luz do sol e dos minerais que a propia natureza lle aporta para estar bonitas e relucintes cando a primavera está no seu punto alxido. Ao igual que esas flores, funme nutrindo dos coñecementos que mediante as clases expositivas e a miña indagación persoal fun adquirindo, máis ainda me queda un longo percorrido para estar nese punto alxido da primavera.

 Teño que dicir, que esta entrada na primavera, neste caso, non seria de xeito individual. Nunnha boa parte do meu traballo, estaría acompañada. A diferenza da materia de Tecnoloxía educativa, este ano formariamos un grupo, un grupo de traballo mediante o cal o aprendizaxe foi cando menos, máis constructivo e interesante. O feito de devatir sobre un tema provoca que aprendas dos demáis, e estes chegan a formar parte deses minerais que necesitas para florecer. Así mesmo, foi unha materia marcada polos debates e a reflexión grupal polo que considero que unha boa parte dos contidos que neste curso adquirin viñeron forxados por iso xa que implica realizar tarefa de reflexión máis e mellor.

 

 "En primavera el campo se llenó de flores de todos los colores,  el campo está precioso."

 

Avancemos na primavera...