1.2. Introdución da viaxe cara a Ítaca

A comezos do primeiro milenio a.C., Homero nas súas obras: a Ilíada e a Odisea crea o ideal perfecto de educación, a kalokagathía (do grego kalós: fermoso, e do agathós: bo). A kalokagathía establece a armonía entre a educación física, corporal e a espiritual (intelectual e moral da alma). Esta areté basease na mímesis do paradigma dos deuses e dos héroes. 

Neste e-portafolio farei unha mímesis do meu proceso de aprendizaxe empregando como metáfora A Odisea de Homero. Pretendo desta maneira reflexionar sobre o meu e o noso propio proceso de aprendizaxe empregando a metáfora como ferramenta auto avaliativa, pois é unha estratexia metacognoscitiva que nos permite facer significativa a nosa aprendizaxe.

É preciso polo tanto, explicar as pequenas metáforas que vai haber dentro da gran metáfora: a nosa longa viaxe polo Mar Exeo para chegar a Ítaca (sabiduría). Todos nós emprendemos esta viaxe nunha nave que levábamos construíndo dende fai moito tempo, pero con máis inquedanzas dende que comezamos a estudar Pedagoxía. O mar, medio polo que imos navegar, representa as fontes de coñecemento (aquí está incluído o blogStellae). Pero, ollo! Non todo o que imos atopar no mar nos vai ser válido, imos ter que desembarcar en misteriosas illas e portos nas que nunca antes estivéramos (novos coñecementos), teremos que recapitular na nosa experiencia para afrontarnos ás novas realidades en terras descoñecidas dunha maneira máis óptima, escoitaremos ao engaiolador canto das sereas (políticos), visitaremos a Illa dos Cíclopes (medios de comunicación)... Pero tranquilos! Nesta aventura non estamos sós, todos remaremos na mesma nave, axudándonos os uns aos outros (aquí porase a proba a nosa capacidade de traballar en equipo e tamén os nosos coñecementos previos). Por último, non imos a emprender esta viaxe sós senón que teremos que guiarnos polas estrelas do firmamento (palabras da profesora) e visitar a biblioteca de Alexandría (documentos recomendados pola profesora e actividades reflexivas realizadas na aula). A continuación mostro unha táboa que elaborei coa finalidade de que o lector/a entenda mellor o meu plantexamento.

Táboa 1. Metáforas. 

Escenarios ou elementos extraídos da   Odisea

Significado persoal que lle atribúo

Viaxe polo Mar Exeo

Viaxe na procura do saber

Ítaca

Sabiduría

Mar Exeo

Fontes de coñecemento

Nave

Coñecementos previos

Misteriosas Illas e Portos

Novos coñecementos

Canto das Sereas

Políticos

Illa dos Cíclopes

Medios de Comunicación

Estrelas

Palabras da profesora

Biblioteca de Alexandría

Documentos empregados nas prácticas reflexivas

 

Antes de adentrarse  na viaxe, non esquecer ler estes versos de Constantino Kavafis, que nos daran púlos para non deixar de remar no mar de coñecementos na travesía hacia a Ítaca. 


Ítaca


Cando emprendas a viaxe hacia a Ítaca

debes rogar que a viaxe sexa longa,

chea de experiencias.

Non tes que ter medo nin dos lestrixóns nin dos cíclopes,

nin á cólera do airado Poseidón.

Nunca tales monstros hacharás na túa ruta

se o teu pensamento é elevado, se unha exquisita 

emoción penetra na túa alma e no teu corpo.

Os lestrixóns e os cíclopes

e o fero Poseidón non poderán atoparte

se ti non os levas alá dentro, na túa alma,

se a túa alma non os conxura ante ti.

Debes rogar que a viaxe sexa longa, 

que sexan moitos días de verán,

que te vexan arribar con gozo, alegremente,

a portos que ti antes ignorabas.

Que poidas deterte nos mercados de Fenicia,

e mercar fermosas mercancías:

naiperlas, coral, ébano, e ámbar,

e perfumes pracenteiros de mil clases.

Acode a moitas cidades de Exipto

para aprender, e aprender de quenes saben.

Conserva sempre na túa alma a idea de Ítaca:

chegar alí, alí está o teu destino.

Máis non fagas présas no teu camiño;

mellor será que dure moitos anos,

e que chegues, vello á pequena illa,

rico de canto haberás gañado no camiño.

Non esperes a que Ítaca te enriqueza:

Ítaca xa che concedeu unha fermosa viaxe.

Sen ela, xamáis terías partido,

máis non ten outra cousa que ofrecerche.

E se a atopas pobre, Ítaca non te enganou.

E sendo tan vello, con tanta experiencia, 

sen dúbida saberás xa o que significan as Ítacas.