Navegación

No se han creado páginas aún

B. A inmersión: Introdución

B. A inmersión: Introdución

Última actualización de en Silvia Seren Sampedro

Pois ben, como todos sabemos todo ten un principio e un final. Isto é o que acontece no caso da materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado impartida pola profesora Lourdes Montero neste 1º Cuatrimeste do 4º Curso do Grao de Pedagoxía. 

Realmente pasou o tempo moi rápido pero aínda así, penso que aproveitamos as clases ó máximo. Para poder reflexar o que foi o meu paso por esta asignatura, presento o seguinte E-portafolio estruturado en varios apartados, o primeiro sería o dos contidos, no cal recollo todo o meu traballo realizado tanto nas sesións expositivas e interactivas, realizándoo de xeito individual ou grupal e tamén aqueles aspectos que a min me causaron interés e optei por indagar un pouco máis neles; o segundo apartado serían as conclusións que realizo sobre a materia, e nun terceiro e último apartado realizo unha autoavaliación sobre o traballado e aprendido nesta asignatura.   

Recopilar todo o traballo realizado a través das entradas de blog, tweets, favoritos e arquivos, non é unha tarefa doada, debido a iso, pretendo mostralo dunha maneira estruturada pero á vez sinxela de comprender. Dentro das subpáxinas deste apartado indico cal é o fío conductor das páxinas e cal é a metáfora elixida.