Navegación

No se han creado páginas aún

B.2. A metáfora

B.2. A metáfora

Última actualización de en Silvia Seren Sampedro

Presento neste apartado a metáfora que vai ilustrar o meu e-portafolio. Pois ben, en relación ó tema escollido no fío conductor, quero recoller a unha metáfora que garde relación co mar. O mar éstá moi ligado a min, e forma parte da miña identidade xa que eu nacín e crecín nun pobo con mar, polo tanto este é un elemento co que me sinto moi identificada.

Emporiso, quero empregar a figura dunha submarinista na cal eu me vería representada. Con ela quero mostrar o proceso de incursión e inmersión na materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado.

Por exemplo, se un determinado día imos ver o mar porimage primeira vez e o atopamos calmo e tranquilo, realmente podemos dicir que coñecemos o mar? debemos quedarnos só con esa primeira impresión? Penso que se nos quedásemos unicamente con isto, teríamos unha imaxe moi superficial. Superficial tamén pode ser a imaxe que teñamos da presente materia se non indagamos un pouco máis sobre ela.imageimage

É por iso que, a través da figura do mergullador ou submarinista, quero representar a necesidade de profundizar para chegar a coñecer realmente e non quedarse cunha imaxe superficial, tanto do mar como da asignatura da que estou a falar.