Navegación

No se han creado páginas aún

D. Atopei o tesouro? As conclusións

D. Atopei o tesouro? As conclusións

Última actualización de en Silvia Seren Sampedro

 

Como dixen ó principio, na introdución das páxinas, todo ten un principio e un final. O meu proceso de inmersión e de mergullamento na materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado pasou por diferentes etapas. Ó principio estaba un pouco perdida, ó igual co submarinista xa que o océano é inmenso ó igual que todo o que abarca a presente materia.

De feito, cando publiquei a miña primeira entrada, para a cal poño o enlace a continuación, non sabía todo o que íamos a ver durante estes meses, é dicir, todo o que abarca a Formación do Profesorado.

Introducción en la Formación y Desarrollo Profesional del Profesorado

 

          image

Ó igual que me pasou o ano pasado co E-Portafolio da materia de Tecnoloxía Educativa, moitas son as dúbidas que xurden á hora de elaborar un e-portafolio sobre unha asignatura, porque sempre pensas: Estareino a facer ben? quedaranme cousas por plasmar nas miñas entradas? pois seguramente que si, pero penso que me esforcei moito para intentar que non me quedase nada no tinteiro e que na medida do posible todas gardasen unha relación entre elas, é dicir, que estean basadas en temas que teñan relación coa presente materia e que tratasen dun xeito xeral e transversal ou de maneira máis específica, todos os temas que vimos nas clases.

Ademais disto, pasei por unha etapa de oscuridade e de incertidume, na cal non sabía moi ben como orientar o meu e-portafolio ou sobre que publicar. Obviamente o océano é moi grande e hai cousas descoñecidas, e tamén un submarinista pode sentir certo temor á hora de adentrarse nas profundidades, ante o medo de non saber cos perigos cos que se pode atopar.

Sen embargo, pouco a pouco, fun conseguindo perder ese temor e logrei conectar coa asignatura. Penso que dimos moitos temas relevantes, que xa fun reflectino nas miñas entradas como poden ser: a vocación, a formación inicial e permanente, o proceso de indución, a identidade docente, como afectan os cambios ó profesorado, a innovación, o malestar docente, a feminización docente, e moitos temas máis.

Sobre estes conceptos realicei unha curiosa "nube de tags" na cal intentei recoller todo o que para min máis significou:

 

 Propúxenme, para pechar as entradas do blog, realizar unha recapitulación das principais características que definen a profesión docente, recólloas a continuación:

Recapitulando sobre a materia…As principais características da Profesión Docente

              Quero realizar nesta entrada un proceso de recapitulación no que respecta ás características da profesión docente que fomos comentando ó longo das sesión teóricas e prácticas da materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado. Son características básicas que apareceron en moitos dos nosos discursos, argumentacións e debates como poden ser o illamento dos profesores, o malestar ou a feminización docente.  

            Como ben recolle Rosales, C. (2009: 35), a función docente constitúe unha actividade profesional controlada, sistemática de apoio ás persoas nas máis diversas etapas e circunstancias da súa vida para que alcancen o maior perfeccionamento posible a través da súa integración consciente, activa e responsable. Sendo os profesores, os profesionais que realizan a tarefa docente.

            Existen unha serie de características profesionais específicas para recoñecer a profesión docente. Deste tema fala Montero, L. (2001:103) afirmando que son “un conjunto de características profesionales específicas, reconocidas hoy como propias de la actividad docente. Unas características que reflejan el conjunto de normas, valores, creencias, hábitos, conocimientos…construidos a lo largo del tiempo y en los diferentes espacios de desarrollo profesional”.

            Tratando de amosar cales son as principais características opto por recoller aquelas nas que parece haber certo consenso e maior coincidencia entre os autores e expertos na materia. Estas serían:

                             Características principais da profesión docente

1. Prestixio social: a pesares de que a función docente varía en distintos países, en termos xerais podemos dicir que o prestixio e a valoración positiva deste colectivo non se atopa á altura que lle correspondería en función da súa categoría laboral, influíndo isto na súa motivación á hora de realizar o seu traballo. A escola necesita do apoio da sociedade e das familias e xeralmente, non o recibe. Cabe destacar que en España, vimos a través de diferentes informes, que a consideración do profesorado era bastante elevada.

            Posiblemente, con todos os cambios que tiveron lugar, atribúenselle ó profesorado unha serie de responsabilidades e esixencias ás que deben dar resposta. Esta idea viuse nas diapositivas de Antonio Nóvoa “El regreso de los profesores” nas cales se fala das novas demandas que ten a escola. Estas poden ser: educar para a igualdade, para a saúde, educación dos consumidores, educación nutricional, educación financeira, educación para a cidadanía e os dereitos humanos, abusos físicos e sexuais, etc. Ademais, a muller incorpórase o mundo laboral co cal os nenos son escolarizados antes, tendo que asumir o profesorado, tarefas educativas que antes se desenvolvían no fogar. Deste xeito, a familia e a comunidade son moi esixentes e críticas con este colectivo, se se constata de que a escola non é capaz de dar resposta a estas demandas, esta educación para a vida.

2. Autonomía profesional: O nivel de autonomía do profesorado está ligado estreitamente ó carácter centralizado ou descentralizado que poidan ter as administracións. Se falamos do primeiro caso, o docente terá que seguir as normas e pautas establecidas, aproximándose a súa actuación á dun técnico que aplica as normas impostas. Sen embargo, nunha administración descentralizada, os docentes teñen maior autonomía e liberdade para tomar as súas propias decisións con respecto a temas como poden ser a programación ou o emprego de diferentes instalacións ou recursos.

            A profesora Montero, L. (2001: 104) concibe a autonomía profesional como: “tanto la capacidad de control de las propias decisiones profesionales, a nivel individual, como el autogobierno de una profesión. En este sentido, para algunos autores, la prueba de la autonomía es, precisamente, la autorregulación profesional, de manera que solamente podrían ser considerados como profesionales quienes pueden determinar en qué consiste  su propio trabajo”.

            É nesta liña na que a mesma autora distingue entre autonomía profesional a nivel individual e a nivel colectivo. A nivel individual pódese dicir que nos profesores actuais é elevada, pero rozando case o illamento e o individualismo. Sen embargo, a nivel colectivo, esta autonomía é bastante escasa, xa que está todo moi establecido (burocratización) es decir, con la dependencia jerárquica y el control de las decisiones de arriba abajo . Entender la profesión desde una perspectiva burocrática supone acentuar el discurso de la supervisión, la evaluación y el control de los profesores por agentes externos como pueden ser las administraciones, la familia o expertos”. (Montero, L. 2001: 106).

3. Illamento profesional: é unha tendencia tradicional bastante estendida na cal os docentes traballan de xeito individual, case sen comunicación entre eles.”El aislamiento profesional constituye una característica de la profesión de la enseñanza comúnmente admitida y tiene que ver, como apunté antes, con el individualismo y la soledad. Parece existir entre los profesores la tendencia a equiparar autonomía con individualismo, como una manera de defender su privacidad en el aula”. (Montero, L. 2001: 110). Deste xeito, moitos docentes reclúense para preservar a súa intimidade pero isto tamén conleva que se aillen e non se enriquezan coas aportacións e interaccións cos seus compañeiros de profesión. Ademais hai certo temor a pedir axuda como se iso fose un indicador de que é un mal profesor, que non sabe solucionar os problemas só.  Sen embargo, cabe destacar que pouco a pouco se vai evolucionando cara o traballo en equipo. A idea de que esta situación está cambiando xa a manifestou Rosales, C. (2006: 365):

            “Creo que una de las principales manifestaciones de innovación educativa en nuestro contexto se produce cuando el profesorado, abandonando posturas de individualismo o enfrentamiento se compromete con la realización de tareas colaborativas. Se trata de un cambio difícil, dada la fuerte tendencia de los profesores a trabajar individualmente”.

4. Promoción: considerase á profesión docente como unha “carreira docente chá”, é dicir, como un longo período profesional durante o cal o docente terá que traballar, contando cunhas posibilidades moi escasas de promoción e acceso a outros cargos de diferente responsabilidade ou de cambiar de especialidade ou nivel de ensinanza. Pódese dicir que este é un dos factores que máis desmotivan ó profesorado xa que as súas oportunidades de progreso profesional e de mellora son bastante escasas, tendo que abandonar o seu posto de traballo se queren acceder a outro nun nivel educativo superior.

5. Feminización: existe un maior número de mulleres docentes sobre imagetodo imageimagenos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria. Quizais, como ben indica Montero, L. (2001: 114) está moi expandida a idea de que a ensinanza nestes niveis é “ideal para as mulleres", xa que posúen unha serie de cualidades como a sensibilidade, afectividade, intuición, coidado dos outros, que son moi valoradas e indicadas para tratar cos nenos de infantil e primaria. Sen embargo, a medida que se vai subindo de nivel educativo, o número de profesoras vai diminuíndo, e incluso os postos que ocupan son os de menor “prestixio” por dicilo de algunha maneira, xa que son moi poucas as mulleres directoras de colexios, xefas de estudio, decanas ou reitoras de Universidade. Estes postos soen ocupalos os homes. Como ben di Hargreaves de xeito irónico (1992: 234): “La enseñanza, especialmente en los niveles primarios, es un mundo de hombres administradores supervisando la vida y el trabajo de las mujeres”. (cit. por Montero, 2001: 115).

6. Malestar docente: falaríamos dunha serie de riscos psicolóxicos que imagevan afectando pouco a pouco ós docentes á hora de desempeñar a súa profesión. Poden ser enfermidades do ámbito do sistema nervioso, estrés, presión, etc. pero tamén físicas como consecuencia de estar sentado moito tempo (enfermidades da columna vertebral). Sen embargo, pódese deducir que as causas deste malestar gardan moita relación coas características antes comentadas, e que ante a falta de prestixio, autonomía baixa, escasas posibilidades de promoción, etc. isto vai dar lugar á insatisfacción, depresión, falta de motivación ou ganas de abandoar a profesión.

            Segundo establece Esteve (1999) “La expresión malestar docente refleja ese conjunto de reacciones de los profesores que expresan así su desconcierto ante los cambios sociales y las repercusiones de los mismos en su actividad profesional. Unas reacciones que pueden ir desde la simple insatisfacción ante los problemas de la práctica, hasta la depresión y el agotamiento, pasando por situaciones más o menos circunstanciales de ansiedad, absentismo laboral, desarrollo de esquemas de inhibición o deseo de abandonar la enseñanza” (cit. por Montero, 2001: 119).

            Deste xeito, comentei durante toda esta entrada as principais características que definen á profesión docente, pode haber máis, pero quixen centrarme nas que máis coincidencia hai entre os autores pero tamén, as que máis tratamos nas clases desta asignatura.

            Son características bastante negativas xa que o prestixio social desta profesión parece ser que non é moi elevado (a pesar de que diversos informes digan o contrario); o nivel de autonomía é bastante baixo, tendo que traballar en moitos casos con pouca liberdade e suxeitos a normas impostas por superiores; o illamento tamén é moi elevado porque tradicionalmente os profesores sempre traballaron de xeito individual, gardándose os seus problemas e dificultades para si mesmos; unha carreira docente que non permite a promoción e ascenso, tendo que estar durante moitos anos realizando o mesmo traballo, isto é moi monótono e pode reducir as ganas e a enerxía dos docentes; a feminización nos niveis de infantil e primaria é moi elevada e concíbense estes niveis como de menor prestixio en relación con outros como a Universidade na cal hai máis homes, e sobre todo con cargos superiores; e por último, todas as características anteriores van a configurar o malestar docente, que se presentará a través de depresión, estrés, angustia, agobio, etc.

  image          É pouco alentador que as características principais que definan a profesión docente sexan tan negativas. Non sei se sempre foron así, ou se viron incrementadas polas demandas e esixencias que fomos vendo que a sociedade actual lle foi relegando e case impoñendo á escola. Penso que si, que son derivadas do noso tempo, porque antes, un docente era moi valorado e respectado, tanto polas familias como polos propios alumnos e as condicións da realización do seu traballo igual tampouco eran as mellores pero agora, dando por sentado que temos unhas boas condicións de vida, son moitos os recortes que se están facendo neste sector que están prexudicando ós docentes e fan que vaiamos cara atrás e non avancemos.

            Considero que é necesario reprantexarse a situación e ver se se están a facer ben as cousas, e se se quere que estas sexan as características que definan a unha profesión que desempeña un papel tan importante na nosa sociedade. Un papel á súa vez, con tantas complicacións que se pode parecer máis a unha carreira de obstáculos que a unha profesión onde se traballa con persoas e se trata de formalos academicamente, pero tamén preparalos para as distintas circunstancias que depara a vida.

 

Referencias bibliográficas empregadas:

Montero, L. (2001). La construcción del conocimiento profesional docente. Argentina: Homo Sapiens.

Rosales, C. (2006). ¿Es posible un modelo horizontal de cambio educativo? Innovación Educativa, nº 16, pp. 357-366. Recuperado o 3 de decembro de 2013 de http://dspace.usc.es/bitstream/10347/4404/1/pg_357-366_inneduc16.pdf

Rosales, C. (2009). Didáctica: innovación en la enseñanza. Santiago de Compostela: Andavira Editora.

 

Para min foi unha das entradas que máis significou, xunto coa das historias previas e a da identidade docente, xa que me din conta realmente do papel tan relevante que desempeñan na nosa sociedade os docentes. Vese que aínda queda moito por facer, son moitos os retos que hai que asumir e que as cousas que non están ben, deberíanse de mellorar.         

 O tesouro: a educación

Xa para finalizar, quero dicir que as sensacións coas que me quedo desta materia son boas, xa que penso que puxen todo o empeño para entender e coñecer mellor ese tesouro tan cotizado e que tantas persoas se empeñan en buscar, A EDUCACIÓN, de aí o nome do meu e-portafolios "A EDUCACIÓN, UN TESOURO POR DESCUBRIR". Un tesouro que espero seguir descubrindo tamén ó longo da miña vida, xa que se algo me quedou moi claro desta materia é que nunca un debe deixar de aprender.