Navegación

No se han creado páginas aún

E. Como foi a experiencia? A autoavaliación

Agora si que xa é a derradeira entrada desta páxina na que fun relacionando a miña historia persoal, co mar e o submarinista e a propia materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado.

Con vistas ó peche do e-portafolio, quixen tratar de realizar unha serie de conclusións persoais e autoavaliativas dentro das propias entradas do blog. Coa intención de non repetirme prefiro recoller esa entrada neste apartado. Preséntoa a continuación:

Que me supuxo cursar a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado?

            

               Chegados a este punto considero necesario realizar, a través desta entrada, un peche final da materia de “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”, deste xeito quero destacar todos aqueles aspectos que para min foron máis significativos da asignatura pero tamén, realizando á vez un proceso de metacognición que me permita reflexionar sobre o meu propio proceso de aprendizaxe.

            A primeira entrada do blog desta materia era de tipo introdutoria e realmente non sabía todo o que se pode chegar a abarcar. A través de: debates de clase, técnicas grupais como a do acuario, a técnica dos seminarios ou a do experimento de Nóvoa, a indagación persoal para ampliar información, os estudos de informes ou tamén a través das propias explicacións da profesora Lourdes Montero, con todo isto, puiden entrar en contacto con temas dos que, ou ben tiña unha lixeira idea ou ben descoñecía por completo.

             Nunha primeira aproximación á materia, traballamos coas nosas historias previas cos profesores e profesoras que tiveramos ó longo da nosa vida. A través da recopilación das nosas experiencias puidemos ver a imaxe que tiñamos cada un de nós sobre o profesorado. Considero que foi unha maneira axeitada de entrar en materia xa que a partir de aí fomos tratando de profundizar sobre os diferentes motivos que podían condicionar que nós tiveramos unha determinada imaxe do profesorado.

            Grazas a iso puidemos entrar a analizar temas como a importancia da vocación nun docente, xa que se lle gusta a materia iso vaino transmitir ós alumnos, a formación pedagóxica que deben ter para non só ser meros transmisores de contidos senón que tamén eduquen e saiban como chegar ós nenos; o tema do malestar docente, xa que moitos de nós tivemos docentes desmotivados, estresados ou incluso con depresión, etc.

Co cal a partir de todos estes conceptos máis á vista ou superficiais, entramos a profundizar en outros como pode ser o da identidade profesional, a importancia do traballo cooperativo entre os docentes, a función de catalizadores que deben asumir, as distintas complexidades que asume a súa profesión, a importancia da formación permanente e ó longo da vida e non so quedarse coa formación inicial que se recibe na universidade, o chamado proceso de indución para facilitar este tránsito entre ambas, as dificultades do profesorado novel, a relación teoría-práctica, e un longo etc. de diversos temas que fun recollendo nas diferentes entradas do meu e-portafolios para esta asignatura.

            Ademais, para complementar visualmente isto que comentei, propúxenme recoller nesta “nube de tags” os conceptos que se trataron ó longo desta materia, así como as diferentes técnicas que realizamos nas sesións interactivas, é dicir, todo o que a min me supuxo entrar en contacto coa materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado:

                          Nube de Tags da materia de Formación

Pois ben, atópome por tanto, realizando a chamada metacognición: é dicir, un autocoñecemento e autocontrol de quen aprende, sobre as súas propias actuacións. Penso que puxen en xogo as miñas capacidades para reflexionar, avaliar, investigar, cuestionar, criticar, indagar, compartir, traballar en equipo, pensar, etc. as cales me axudaron a poder comprender e aprender.

            Todo isto que comento, por suposto que non é un proceso fácil, persoalmentimagee supúxome un esforzo bastante grande, xa que era unha materia descoñecida para min, e que pola forma na que está establecida, nós somos os axentes activos, somos quenes nos temos que preocupar por indagar, profundizar e reflexionar sobre os diferentes temas que se van tratando nas clases.

             Búscase fomentar en nós o interese por coñecer e ir máis alá do que se expón na clase, ademais ó ter que elaborar nos as propias entradas sobre os temas e ter que reflexionar sobre elas, pois en certa maneira nos fai interiorizar sobre o que estamos a escribir.

            Destaco tamén que traballamos con moitos autores que descoñecía ou que antes non me parara tanto a lelos, como son: Antonio Nóvoa, J.M. Esteve, A. Hargreaves, Gimeno Sacristán, Carlos Marcelo, entre outros, que son agora un pouco máis coñecidos para min e tamén uns referentes para abordar certos temas tratados nesta materia.

Por outra banda, destaco a realización de traballos sobre cuestións máis prácticas relacionadas con sucesos que estaban acontecendo, como pode ser: a Marea Verde de Baleares, os cambios que lle afectan ó profesorado coa LOMCE ou ben analizando documentos oficiais como os indicadores da OCDE do Panorama da Educación ou o Plan Anual de Formación do Profesorado.

            Polo tanto, penso que foi unha materia que me aportou moitos coñecementos que amplían a miña formación como pedagoga e sobre todo, coido que me poderán servir para poñer en práctica o día de mañá cando teña que exercer o meu traballo.

            Xa por último, para pechar esta entrada, quero recoller as palabras de Hargreaves (1999 :132) falando do papel que deben de desempeñar as Facultades de Educación, e en concreto, e relacionando con meu presente, sería a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado:

“…las Facultades de Educación deberían contribuír con lo que están preparadas para hacer: desarrollar la comprensión de las instituciones y procesos educativos, favoreciendo una reflexión crítica y construyendo las habilidades de investigación que permitirán a los profesores desarrollar el entendimiento y la reflexión como base para una mejora continua a lo largo de sus vidas profesionales”.

(cit. por Montero, L. 2001: 31).

 

Referencias bibliográficas empregadas:

Montero, L. (2001). La construcción del conocimiento profesional docente. Argentina: Homo Sapiens.

http://www.educared.org/global/ppce/el-conocimiento-metacognitivo (consultada o 3 de decembro de 2013)

 

Polo tanto, quero volver a destacar que valoro o método de avaliación desta materia, a través da realización dun E-Portafolio no que imos plasmando as nosas evidencias a través de documentos, artigos, tweets, discusións en grupo, entradas individuais de blog, etc. Todo isto me fixo ter un papel activo na materia e ser dona do meu propio proceso de aprendizaxe.

Valoro tamén o papel desempeñado pola profesora Lourdes Montero, a cal foi a nosa guía nesta expedición, ou relacionándoa coa miña metáfora: a nosa instructora de submarinismo. Dándonos pautas para guiarnos neste proceso e axudándonos a resolver calquer dúbida que tiveramos.

Para concluír, vou retomar o tema inicial das historias previas e daimage identidade. Unha identidade que como futura pedagoga tamén se foi construíndo ou reconstruíndo grazas ás ensinanzas recibidas nesta materia. Con todo isto, despídome desta expedición da materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, pero voume cunha gran satisfacción e coa sensación de haber adquirido un gran tesouro: os coñecementos...

 

 

SILVIA SERÉN SAMPEDRO