Navegación

No se han creado páginas aún

C.1. Clases expositivas e interactivas

C.1. Clases expositivas e interactivas

Última actualización de en Silvia Seren Sampedro

Neste primeiro apartado vou recopilar as entradas e arquivos que empreguei para tratar os temas que se viron nas clases expositivas e interactivas. Seguindo máis ou menos unha orde cronolóxica expoño as tarefas que en certo sentido a profesora Lourdes Montero recomendou que as recolleramos no noso e-portafolio.

As que eu expoño son as seguintes:

Marea verde, marea de grises

Realizamos, a miña compañeira Kely e máis eu, unha extensa análise das causas que provocaron este conflicto en Baleares. En concreto, buscamos información a maiores que nos permitise comprender mellor o tema, é dicir, a súa orixe. Ademais reconstruímos a historia e tratamos de ver quenes eran os afectados, que establecía o chamado "decreto TIL" e a través de imaxes e vídeos tentamos dar resposta a todas estas cuestións.

Esquécense do profesorado na LOMCE?

Este é un exercizo da sesión interactiva na cal se nos encomendou a tarefa de analizar os cambios que van a afectar ó profesorado na LOMCE en relación á LOE. Realmente, no documento da LOMCE non lle dedica nin un apartado específico para o profesorado pero si que son varios os cambios que lle van a afectar, e tal como recollo na miña entrada.

    De onde ven a crise da profesión docente?

Levamos a cabo unha interesante técnica a través da lectura do texto de Gimeno Sacristán "De donde viene la crisis te la profesión docente?" Foi realmente unha técnica interesante e moi novedosa para todos nos. Da miña entrada quero destacar o seguinte:

A “técnica do acuario” ou tamén coñecida como de “cáscara da cebola” Divídese a clase en 3 grupos e pódense colocar en círculos, de xeito que formen 3 círculos concéntricos estando no interior os peixes, no seguinte círculo as quenllas e no exterior o resto da clase, que actuarían como observadores, nun principio. Tamén é coñecida co nome de cáscara da cebola, xa que ten varias capas. Cada grupo realizará diferentes funcións.

 

                                              Gráfico técnica do acuario

Panorama da educación. Indicadores da OCDE. Informe español

Traballamos tamén con Informe español do Panorama da educación, analizando os indicadores da OCDE que tiñan que ver co entorno dos centros educativos e a aprendizaxe abarcando os subapartados de:

1. Horas de ensinanza.

2. Ratio alumnos-profesor.

3. Media de alumnos por clase.

4. Retribución do profesorado.

5. Horas de ensinanza do profesorado.

6. Quenes son os profesores? (idade e sexo)

O regreso dos profesores. Cen anos máis tarde. (Antonio Nóvoa)

Nunha das pasadas clases interactivas a profesora comentounos que realizariamos un experimento, incluso de broma dixo que trouxeramos as batas brancas. A partir disto, incrementouse en nós a curiosidade por saber de que trataría ese experimento e cal sería o noso papel no mesmo. 

Unha vez chegado o momento, Lourdes Montero explicounos que a técnica consistiría no visionado das diapositivas dun power point de Antonio Novoa titulado “Cien años más tarde. El regreso de los profesores” (Santander, 6 de Abril do 2011). Nós teríamos un papel activo e cada vez que aparecese unha diapositiva deberíamos facer os comentarios a mesma nos fose suxerindo, e así con todas ata chegar ó final da presentación. Trataríamos de respostar a dúas cuestións: Que interpretamos? e Onde o situamos?

Na pasada clase do 13 de Novembro propúxosenos a realización da Técnica do Seminario. Esta consistiu, en que se repartiron 5 textos a 5 grupos compostos por 8 ou 9 persoas, co cal, todos os que estábamos na clase pertenciamos a un grupo.

Identidades en proceso de formación  (1º Texto)

O primeiro texto que se expuxo e que casualmente foi o que tivemos que analizar no meu grupo. Del destaco o seguinte esquema que elaborei para recoller todos os aspectos máis relevantes do concepto de identidade.

                Identidade docente 

Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas  (2º Texto)

Trato de recoller deste segundo texto as ideas de que vivimos nun mundo V-I-C-A e que todos estes cambios afectan tamén ó profesorado.

A elección de ser docente  (3º Texto)

Realizo unha análise dos diferentes motivos polos que unha persoa decide dedicarse á docencia. Trateino de recoller no seguinte esquema, aínda que na entrada está todo explicado polo miúdo. Ademais plantexase o concepto de vocación do que tanto falamos nas clases.

                         Motivos principais polos que unha persoa decide ser docente

La docencia, una experiencia compartida (4º Texto)

Interesante texto no que indago un pouco máis sobre todo o que abarca a formación inicial e a formación permanente. Ademais, consultando a diversos autores falo do proceso de indución, esa ponte para axudar ó profesorado novel. Tamén falo do chamado eslavón perdido e da figura do mentor.

                     Formación inicial-indución-formación permanente

En relación a este tema destaco o arquivo que consultei:

Os profesores como traballadores do coñecemento. Formación ó longo da vida.

Profesorado. Revista del currículum y formación del profesorado: Recensións

 

Do eslabón perdido á ponte para o desenvolvemento profesional docente

 

Formación inicial: entre la teoría y la práctica   (5º Texto)

Realizo neste derradeiro texto da técnica do seminario, unha reflexión sobre a importancia da teoría e da práctica e de como é o papel da Universidade en relación a isto.

 

Polo tanto, estas serían as miñas entradas que realicei en función do establecido nas clases, tanto teóricas como prácticas da materia.