Navegación

No se han creado páginas aún

C.3. Acción Pedagóxica: traballo en grupo

Este proceso de inmersión na materia de Formación e Desenvolvemeimagento Profesional do Profesorado non o realicei unicamente de xeito individual. Tamén tiven que traballar en equipo sobre diferentes cuestións da materia, ó igual que moitos submarinistas realizan expedicións en grupo.

O grupo do que formo parte chámase Acción Pedagóxica, en el traballei conxuntamente con outras compañeiras de clase, en concreto: Berta, Kely, Patricia e Marta. Optamos por escoller este nome porque como ben se expresa na nosa descrición, temos interese por: “Afondar en todas aquelas cuestións que se nos encomenden nas sesións de clase ou naquelas outras nas que desexemos indagar máis, compartíndoas neste espazo”.

http://stellae.usc.es/red/groups/profile/40377/accin-pedagxica

Realizamos varias entradas que foron encomendadas para realizar de maneira grupal como son:

1. As historias previas, en concreto, que pensabamos do profesorado que nos dera nas etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e na Universidade. Este é o enlace onde se pode atopar esta entrada:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40383/tarefa-1-historias-previas-actividade-a-desenvolver-en-grupos-pequenos-25-de-setembro-de-2013

2. Continuación da tarefa anterior, pero desta vez respondendo á segunda pregunta relativa ás materias nas cales traballaramos a temática do profesorado e da súa formación. Pódese atopar a entrada no seguinte enlace:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/41005/tarefa-2-materias-de-pedagoxa-que-teen-relacin-coa-materia-de-formacin-e-desenvolvemento-profesional-do-profesorado

3. Nesta entrada realizamos unha análise conxunta do Plan Anual de Formación do Profesorado, que aínda estivemos expoñendo nas derradeiras clases. En concreto, recollemos unha descrición xeral e logo analizamos o CAFI, os CFR de Pontevedra e Vigo e o apartado dedicado á Formación Profesional. O enlace é o seguinte:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/48177/plan-anual-de-formacin-do-profesorado-201314

Pero ademais, no grupo fomos propoñendo diversos temas de discusión relacionados sobre aspectos que vimos na clase ou sobre algunha outra cuestión que suscitou o noso interés.

Os temas das discusións foron:

1. Enriquezámonos: de tipo introdutorio para propoñer que fixeramos debates no grupo.

2. Identidades en proceso de formación: para traballar e profundizar no tema da identidade, xa que nos tocou o texto de “Identidades en proceso de formación” na técnica dos Seminarios.

3. La elección de ser docente: analizamos este segundo texto tamén da técnica dos Seminarios, profundizando e aportando a nosa opinión sobre os motivos polos que unha persoa se decidía a dedicarse á docencia.

4. Visión dos medios de comunicación e políticos ante o sistema educativo e o colectivo do profesorado: nesta discusión debatemos o papel que realizan os medios de comunicación á hora de tratar noticias relacionadas coa educación.

5. AbalarMóbil: nova aplicación para que as familias sigan a actividade educativa dos seus fillos: nesta entrada comentamos unha noticia na que se fala dunha nova aplicación que lle vai permitir ós pais “controlar” ós seus fillos no que respecta á asistencia, notas de exames, etc. Este tema dou pe a un interesante debate.

O traballo realizado penso que é bastante bo, en conxunto traballamos aspectos moi relevantes tratados na materia e cabe destacar sobre todo, as grandes aportacións que realizamos entre todas dentro do apartado de discusión, xa que debatemos sobre aspectos realmente interesantes.

Como ben di a nosa descrición curta:

 “Buscamos novos horizontes…de acción pedagóxica”