B. Introdución

B. Introdución

Última actualización de en coral lopez lozano

Continúo no camiño da formación, desenvolvendo o reto que me formula o Learning by doing. Pero neste momento cambio de etapa, cambio de itinerario, cambio de rumbo na miña formación, aínda que moi relacionado coa miña etapa anterior.

cruce de camiños

Eran moitas as direccións que podía tomar a miña formación, mais se por algo elixín este camiño, Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, foi por dar resposta ás miñas inquedanzas acerca da formación, un ámbito non abordado ao largo da materia, o cal considero é vital para entender parte do que é a pedagoxía. Aludindo ao programa da materia esta foi a idea coa que me quedei e pola cal decidín comezar este camiño formativo, “está dirixida á preparación de futuros profesionais da formación e o asesoramento pedagóxico en institucións educativas e de formación do profesorado e á iniciación na investigación neste ámbito de coñecemento.” Destaco esta idea porque me fixo pensar en que medida é importante a formación permanente, asesorar nesta e dar resposta ás demandas que presentan os docentes. É por tanto que considerei moi interesante para a miña formación poder dar resposta aos interrogantes que me suscitaba o sistema educativo e o papel dos docentes no mesmo, a través da necesidade de formación continua.

E por iso que me decidín por comezar este camiño formativo. Nas presentes páxinas realizo unha reflexión sobre cada un dos aspectos que considerei relevantes para entender a materia, estes están recollidos en forma de arquivos ou blogs, mais non debo esquecerme dunha parte fundamental na creación destes aprendizaxes, os favoritos, espazo no cal recollo aquelas webs, bases de datos e repositorios que considero interesantes para adquirir maiores contidos sobre a temática traballada.

Debo incidir en que o meu E-porfolio non o realicei soa, parte das reflexións e análises realizados leveinos a cabo co meu grupo de traballo, no cal me atopaba con Anaís e María.  A través das entradas de blog e discusións, amplío contidos que non abordo de maneira individual e os cales seguen o fío condutor do meu E-portfolio, e por iso que debo incidir que aínda que dedico un apartado exclusivo ao traballo en grupo, farei referencia ao largo de todo o proceso ao traballo que realicei en equipo.

A continuación partirei dunha reflexión acerca dos meus primeiros pasos na materia,no epígrafe comeza o camiño,  para continuar cun apartado, o cal denomino paradas obrigatorias, no que reflexiono sobre aqueles aspectos fundamentais da materia, que sustentan os contidos e conceptos principais da mesma. Outro apartado dedícoo ao meu traballo en grupo, a través do apartado, un camiño no cal non estou soa. Por último realizarei unha reflexión sobre a implicación da materia no meu aprendizaxe, así como unha avaliación conxunta das miñas dificultades e progresos na realización do meu E-portafolio.

 

Benvidos a unha nova etapa da miña formación.