C.Comeza o camiño

C.Comeza o camiño

Última actualización de en coral lopez lozano

 

néboa

 

 

Comezo un novo camiño formativo. Neste intre as incertezas son máis que as certezas,as néboas cobren o meu camiño. Será na primeira sesión cando empece a coñecer o traballo que vou a levar a cabo, o tipo de programación a seguir así como a avaliación formativa.

Atendendo a isto último, comunícasenos que vamos a dar comezo de novo ao reto que formula o Learning by doing. Seguimos empregando a rede Stellae como plataforma para dar a coñecer as nosas reflexións así como poder interactuar cos nosos compañeiros.

 

Primeiros pasos

Con esta entrada no blog, Primeiros pasos, inicio a miña andaina na materia. Na reflexión que realizo na presente entrada, incido nos temores e nas incertezas que teño ao empezar a traballar nesta materia. Así mesmo recollo unha cita de Jonh Cotton Dana “quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender”, xa que entendo que esta é a filosofía que debemos seguir todos os profesionais da educación. Estar acorde cos tempos é clave para dar resposta as necesidades que poidan presentarse, e no caso da labor docente é de vital importancia poder conseguir este feito, xa que sempre descubriremos algo novo.

Pero que sería do meu camiño na materia, sen os meus compañeiros. Xuntos iniciámonos nun novo ámbito de estudo, no cal se nos pediu dende un primeiro momento unha reflexión constante acerca dos interrogantes que se nos puidesen ocorrer. É por iso que debo incidir no traballo cos compañeiros, posto que sen dúbida as sesións de clase non serían o mesmo sen as achegas de moitos deles. Pero se hai unhas compañeiras que debo destacar elas son María e Anaís coas cales levo a cabo o traballo en equipo no grupo Red de pedagogas. Con elas realizo dous análises moi interesantes como toma de contacto coa materia e inicio do traballo en equipo.

Por un lado, analizamos aos docentes que tivemos ao largo dos nosos estudios, dende infantil ata a universidade, centrándonos en aspectos como a vocación, a proximidade, a falta de interese, entre outros.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40270/os-nosos-pensamentos-sobre-o-profesorado-de-infantil-primaria-secundaria-universidade

Noutra entrada desenvolvemos unha aproximación ás distintas materias que tivemos ao largo dos tres anos que levamos cursando o Grao,  a través das cales incidiramos nalgún aspecto relacionado coa materia Formación e Desenvolvemento profesional do profesorado.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40904/formacin-do-profesorado

Con esta aproximación á materia, centramos, por un lado, naqueles contidos acerca da formación do profesorado que xa tiñamos abordado. Por outro lado, comezamos a introducir cuestións acerca dos docentes como a vocación, a falta de entusiasmo, entre outros. Este feito, facilitounos comezar a entender a importancia que teñen as nosa primeiras experiencias como alumnos, á hora de valorar a un bo docente. Neste sentido, sabemos o que non queremos ser. É por tanto a profesión docente, unha profesión na cal coñeces como alumno as metodoloxías que logo vas aplicar como mestre. É dicir es consciente de todo o proceso xa que a túa labor como docente a vas a levar a cabo na escola, ao igual que cando eras alumno.

Con todo estes só serían os meus primeiros pasos na materia, queda un largo camiño por percorrer.

largo camiño