3.2.1 Profesorado S.XXI

3.2.1 Profesorado S.XXI

Última actualización de en Bárbara Márquez

Neste apartado pretendo establecer unha relación entre as publicacións que elaborei sobre a profesión docente e a súa función na sociedade do S.XXI.

De onde ven a crise da profesión docente?

“A conclusión fundamental que extraio do texto e do debate xurdido na aula, é a necesidade dunha educación que conte cun traballo en conxunto e en cadea de todos os axentes implicados na educación.

Con isto o que quero dicir é que a sociedade, onde imos a reflectir a nosa labor e a nosa intervención, é un contexto dinámico e en continuo cambio ao cal nos debemos adaptar para propiciar unha resposta adecuada e que funcione. Considero que para que isto ocorra, ten que existir unha coordinación e traballo conxunto por parte de todos.

Dunha banda, ten que haber unhas políticas educativas que atendan ás necesidades que presenta a sociedade, así como velar polos dereitos e deberes do profesorado e asegurarlles as condicións laborais que merecen, é dicir que se loite pola súa estabilidade. Por suposto, outro aspecto fundamental e ter presente a súa vital opinión á hora da elaboración das diferentes reformas educativas.

Doutra banda, débese fomentar a formación permanente do profesorado sendo esta de igual ou maior importancia ca formación inicial, xa que será esta a que verdadeiramente axude ó profesorado a adaptarse á realidade en continuo cambio e evolución. Ademais, o profesorado ten que ser consciente da importancia que ten o seu papel na sociedade, posto que é unha parte moi importante do motor que pode cambiar o mundo.

Polo tanto, en relación co profesorado, considero que é fundamental a súa actitude fronte a crise e fronte as situacións de incertidume, debendo este amosarse coa capacidade e intención de superar as dificultades e adversidades e que para isto, conte co apoio de todos os axentes educativos. Só de esta maneira, cunha labor conxunta, poderase dar unha verdadeira educación.”

Polo tanto, o traballo elaborado sobre o escrito por Gimeno Sacristán permitiume ter unha visión máis global sobre a situación á que se enfrontan os docentes no seu día a día, sendo en numerosas ocasión o foco de ataque por parte da administración educativa e doutras entidades. De modo que, desenvolvín empatía cara a súa labor e situación, tan desestabilizados e deslexitimados na actualidade.

Por outro lado, en relación con isto, tamén é representativo o documento elaborado sobre o traballo de Antonio Nóvoa “ Cien años más tarde. El regreso de los profesores” onde se fai alusión á necesidade dun corpo docente que atenda á educación como un todo e non coma compartimentos estancos; que atenda ao alumno como o centro do seu propio aprendizaxe e que responda as súas especificidades; a necesidade dunha metodoloxía activa a prol da transformación da ensinanza e por último, a importancia dunha pedagoxía diferenciada que asegure a atención á diversidade. Neste senso, gustaríame resaltar o eu considero que quere dicir Nóvoa con “o regreso dos profesores”:

 “Que quere dicir con “o regreso dos profesores? Posiblemente sexa un modo de recalcar o papel que este debe exercer para a consecución dos ideais citados anteriormente. A necesidade dun docente implicado e participativo a favor dun espazo público da educación Un docente que ademais de ser transmisor de coñecementos, que vele pola organización escolar e que exerza de guía no proceso de aprendizaxe ofrecéndolles aos seus alumnos un papel central. Por outro lado, precisase dun docente que teña en conta as necesidades sociais e concretamente as dos seus alumnos, tratando de dar as respostas adecuadas a cada situación.”

 

"Cien años más tarde. El regreso de los profesores"

 

Tamén, relacionado coa visión dos docentes e sobre a súa labor, realicei unha reflexión sobre o artigo “Nuestro sistema educativo no es un desastre” de José Manuel Esteve, a través do cal obtiven unha visión ampla sobre os ataques que sofren os docentes a través dos medios de comunicación e dos políticos que desgasta notablemente a súa imaxe social. As conclusións as que cheguei tras o análise do texto son as seguintes:

“Polo tanto, son estes docentes, tan criticados polos medios de comunicación e polos seus políticos, os que verdadeiramente fan fronte aos problemas que xorden no seno da educación, loitando como poden cos medios que dispoñen por unha escola inclusiva e intercultural, que coide a cada un dos seus alumnos. De modo que, non é a administración educativa, a que determina as leis e pautas que debemos seguir, a que ofreza as verdadeiras solucións aos problemas, senón que son eses profesionais tan pouco recoñecidos e valorados os que sacan forzas e vontade a prol dunha educación de calidade”

De onde ven a crise da profesión docente?

Por último, o traballo realizado sobre o documento de Andy Hargreaves no que tamén barallei información sobre a ensinanza como unha profesión paradóxica na que se solicitan unhas esixencias que ás veces son moi complicadas de cumprir, como por exemplo o feito de educar para a sociedade do coñecemento á vez que resolvan as problemáticas que xera dita sociedade. Considero preciso resaltar o triángulo no que se atopan atrapados os nosos docentes como catalizadores, contrapuntos e vítimas, botando unha lanza a favor dos docentes catalizadores que son os que verdadeiramente están comprometidos co quefacer educativo, tratando de buscar estratexias diversas para educar aos seus alumnos e dotando aos educandos de autonomía nos seus procesos de aprendizaxe.


Enseñar para la sociedad del conocimiento: educar para la creatividad

 

En conclusión do traballo realizado sobre esta temática, sinalar que en moitos casos se segue traballando cunha metodoloxía tradicional e sumisa ao que impón a administración educativa. Ademais,  o colectivo docente é un sector moi criticado a menosprezado na nosa sociedade o que evidentemente ten unhas consecuencias negativas no seu exercicio laboral como por exemplo o pasivismo nas aulas ou a escasa innovación nas metodoloxías empregadas cos educandos.

Para buscar máis respostas sobre isto, tratei de indagar sobre a súa formación tanto inicial como permanente. Sendo esta última unha oportunidade de cambio para eles da que se deben de aproveitar.

Ademais, é preciso facer un chamamento á sociedade a favor de ser conscientes do traballo tan complicado que exerce este colectivo, tratando de superar os obstáculos que se lles poñen no camiño para favorecer na medida do posible a educación dos seus alumnos e a mellora da sociedade.