D. Paradas obrigatorias

Unha vez iniciado este camiño formativo, comezamos a traballar con distintos artigos a medida que comezábamos a coñecer novos conceptos e aspectos relevantes referidos á formación docente.

stopNeste senso, cómpre deterse en determinados conceptos tratados nas distintas sesións da materia. Tendo en conta isto, abordamos unha serie de termos referidos ao tipo de sociedade actual, como son a sociedade do coñecemento ou o termo Modernidade líquida. Por outro lado e dende o ámbito da docencia estritamente, analizamos aspectos que abranguen a evolución docente dende a formación inicial ata a permanente. Dentro da docencia, centrámonos en aspectos como a vocación, a identidade docente, as experiencias previas que marcan a traxectoria docente, os tipos de profesores segundo Andy Hargreaves, o profesorado novel ou a relación teoría- práctica na formación. Por outro lado, a través de informes internacionais, abordamos a situación actual do sistema educativo, así como recollemos os estereotipos presentes na sociedade acerca da docencia.

Achegarnos a algún destes conceptos foi unha tarefa complexa, na cal tiven que levar a cabo a lectura de distintos documentos para entender mellor e definir máis claramente os distintos termos. Asemade, gran parte dos aspectos tratados foron proposto pola profesora, Lourdes Montero, a cal a través das distintas sesións da materia guiaba o noso traballo.

A tenor disto nas seguintes subpáxinas recollo tres apartados nos cales trazo as liñas xerais en canto a contidos do meu E-portafolios. Facendo fincapé neste feito, organizo as distintas áreas de contidos en canto á sociedade, a profesión docente e por último a imaxe da profesión docente.

Debo incidir na idea de que gran parte dos contidos son abordados ao largo das distintas reflexións, xa que non debemos entendelos de forma illada senón que conforman un conxunto que define a necesidade da formación docente así como as implicación da sociedade actual na educación e na percepción da mesma.