D.1.Sociedade

A Sociedade do Coñecemento ou a Modernidade Líquida á que alude Zygmunt Bauman, son termos que inciden nunha sociedade cambiante, na cal as tecnoloxías e a globalización da información son claros exemplos dos cambios que se están a producir.

A sociedade do coñecemento. Novos desafíos

 

Modernidad líquida

Os docentes nos contextos pluriculturais

Estes enlaces condúcennos a unha visión máis detallada de ambos termos. En canto ao primeiro deles, A sociedade do coñecemento. Novos desafíos, realizo unha aproximación a través de dous vídeos aos cambios constantes percibidos pola poboación na sociedade en xeral, así como no eido educativo. Incidindo na importancia da mellora docente. Cómpre sinalar, así mesmo, as distintas habilidades e destrezas que recollo como feitos clave na formación dos profesores do s.XXI.

O arquivo que adxunto alude ao termo Modernidade líquida, así mesmo recollo un vídeo no cal Zygmunt Bauman reflexiona sobre a sociedade cambiante e volátil na que estamos vivindo.

Ambos termos fan referencia a unha sociedade na que é necesario dar resposta aos múltiples cambios que se están a vivir. Neste senso, debo incidir na importancia que este feito ten para a educación. Como abordo na primeira entrada, os docentes deben actualizarse, ampliar a súa formación e se conscientes da necesidade dunha formación permanente que de resposta as necesidades do alumnado. Así mesmo no arquivo que recollo sobre Os docentes nos contextos pluriculturais, fago unha pequena reflexión acerca da importancia dunha formación docente que teña presente os cambios sociais en canto a inmigración, que irrompen nas aulas e que afectan ao desenvolvemento normal das mesmas. Neste punto a idea dunha educación inclusiva que teña presente esta situación é vital na formación dos docentes, tendo en conta o aumento das distintas culturas nas aulas educativas.

Estes feitos introducen a relevancia do seguinte apartado, no cal me centrarei na profesión docente.