3.2.2 Formación inicial

3.2.2 Formación inicial

Última actualización de en Bárbara Márquez

Neste senso, nas clases propúxose o traballo sobre diversos documentos sobre a formación inicial dos nosos docentes, sobre os cales decidín reflexionar.

Traballei sobre diversos artigos de Cuadernos de Pedagogía como é o caso de “Formación inicial: entre la teoría y la práctica” no que se plantexan cuestións básicas como “¿Qué aprenden para ser docentes los maestros noveles y cómo, cuándo y con quién lo hacen?” “¿Cuál fue su vivencia académica en la Universidad?”.

Por medio deste artigo, puiden extraer aspectos positivos e negativos da formación inicial, así como unha visión sobre que aspectos sería preciso mellorar nas nosas facultades. Tamén con este artigo puiden pensar sobre a miña formación no Grao en Pedagoxía e reflexionar sobre os aspectos teóricos e prácticos que levamos vendo durante xa catro anos:

 

Formación inicial: entre la teoría y la práctica

 

Aprendizaje significativo: teoría-práctica

 

“Por un lado, considero que por medio do Grao en Pedagoxía aprendín moitos contidos e desenvolvín numerosos coñecementos, habilidades e actitudes que antes non había adquirido, pero dalgún modo sinto frustración xa que non considero que dispoña de todas as estratexias necesarias para, o día de mañá cando exerza como pedagoga, poder enfrontarme á práctica e intervención que teñan que realizar.

Tamén, poño en valor as prácticas que desenvolvemos en terceiro e que realizaremos en cuarto, posto que a experiencia que me levo do período de practicum xa realizado é moi positiva. Considero que estas prácticas de toma de contacto coa realidade, son unha gran oportunidade para abrir os ollos e comprobar que moitos dos contidos traballados na Universidade e todas esas habilidades e actitudes desenvoltas, sí que teñen unha posta en práctica e repercusión no quefacer educativo. Polo tanto, creo que estas deberían de ter unha maior duración e un maior peso na nosa formación, xa que son realmente construtivas na nosa formación inicial”

 

En relación con isto, analicei outro artigo de Cuadernos de Pedagoxía “La docencia, una experiencia compartida” que plantexa a situación de shock que sofren os docentes cando chega o momento de exercer a súa labor, facendo alusión ás carencias que atopan os docentes noveles con respecto á formación inicial adquirida nas facultades.

Neste senso, se recalca a función do traballo colaborativo entre compañeiros de profesión que ten para os docentes noveles no momento de exercer nos centros educativos. Polo tanto, a conclusión extraída tras a análise deste documento é:

“ Para concluír, dicir que a identidade docente comézase a formar na Universidade coa formación inicial, pero seguirá conformándose ao longo dos anos a través do propio exercicio da docencia e tamén por medio do diálogo e coordinación cos seus compañeiros de profesión.

Ademais, non se pode esquecer a necesidade dunha formación permanente que se pode obter por diferentes canles e que é de vital importancia á hora de adaptarse ás circunstancias que se desenvolven nunha sociedade dinámica”.


La docencia, una experiencia compartida.

 

 Tamén considero centrais dúas citas recollidas do texto de Cuadernos de Pedagogía como son “A ser maestro se aprende trabajando, equivocándose” y “Se aprende a ser maestro resolviendo problemas”, posto que penso que expresan a realidade do traballo e da aprendizaxe dos docentes en exercicio.

 Polo tanto, isto nos leva a dar un paso máis, é evidente que a formación inicial non é suficiente nin garantía do éxito para o exercicio da docencia, de modo que temos que seguir formándonos co obxectivo de loitar para cambiar os déficits da educación e favor da formación dos nosos alumnos.

 

¿Qué é a formación permanente? Vámolo descubrir.