3.2.3. Formación permanente

3.2.3. Formación permanente

Última actualización de en Bárbara Márquez

Nunha etapa previa adquirín a consciencia de que a formación inicial e a base do coñecemento, pero aínda é preciso construír e elaborar coñecemento sobre esa base. Para iso, unha opción é a formación permanente que é nos ofrece a oportunidade de mellorar as nosas competencias para ter a disposición de dar a mellor resposta posible no exercicio da nosa profesión.  De modo que se a sociedade, que é onde exercemos a nosa labor, está en continuo cambio tamén o debemos estar os profesionais da educación co obxectivo de ofrecer solucións e respostas ás necesidades a favor dunha mellora educativa.

Sobre isto se nos presentou o Plan Anual de Formación do Profesorado de Galicia do ano 2013-2014, sobre o cal traballei de xeito grupal coas miñas compañeiras de Postureo Stellae. Por medio desta plan, puidemos coñecer a oferta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de cara á formación continua do profesorado sobre o cal quero recalcar o escaso ou inexistente análise das necesidades formativas do profesorado. Polo que ¿qué seguridade temos de que esta formación sexa positiva e produtiva para os docentes? Se en moitos casos non responden as súas solicitudes e necesidades.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/50896/plan-anual-de-formacin-do-profesorado-galicia-20132014

 

Doutra banda, ao observar este déficit formativo proporcionado pola Administración tentei en atopar outro modelo de formación permanente que quizais se axuste máis ás necesidades formativas dos docentes e aos seus intereses e inquedanzas.

Nesta busca atopei un artigo da Universidade de Cauca, Colombia no cal se facía alusión ás redes pedagóxicas como unha posibilidade de formación para os mestres no exercicio da docencia. Trátase polo tanto, dun espazo onde o mestre é o protagonista da súa formación xa que se establecen redes de conexión entre os docentes como soporte para xerar o cambio da cultura académica.

Las redes pedagógicas, una posibilidad de formación de maestros en el ejercicio de la docencia.

 

 

Aprendizaje cooperativo

 

 

“Para concluír, a modo de valoración persoal, facer fincapé no que supón este modelo de formación para os docentes, posto que implica a superación do seu illamento profesional, dando lugar ao xurdimento do traballo cooperativo entre a comunidade educativa fomentando o desenvolvemento de liñas de investigación grupais e o aprendizaxe entre todos.

Sen dúbida, non quero menosprezar o papel que desempeñan os cursos formativos, os seminarios e demais modelos de formación permanente na construción de coñecemento nos docentes, pero quizais estas redes pedagóxicas abren unha nova porta cara outra metodoloxía de ensino-aprendizaxe que amosa ter moitas vantaxes.

Algunhas das vantaxes, como xa vimos, é o protagonismo que se lle outorga aos docentes na transformación dos seus coñecementos, estratexias e habilidades, sendo este unprodutor da cultura e non un mero reprodutor.

Polo tanto, considero este modelo de formación como unha posibilidade na transformación da formación permanente do profesorado, a prol dunha mellora da calidade dos nosos sistemas educativos e da propia figura docente.”



Ademais sobre esta temática, no grupo Postureo Stellae compartimos e analizamos un Proxecto de Formación do Profesorado en Convivencia Escolar e Diversidade Cultural que elaboramos o curso pasado na materia de Deseño e Implementación de Plans e Programas de Formación.

Dicir que, a elaboración propia dun proxecto de formación resultou moi complicado pero moi satisfactorio, posto que analizando as necesidades dos docentes atopamos a esixencia de formar ao profesorado en materia de atención á diversidade para proporcionarlles estratexias para enfrontar as situacións que se propicien na aula e que sexan competentes na busca de solución aos problemas.

Adxunto o enlace onde publicamos dita información:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/49810/deseo-dun-proxecto-de-formacin-do-profesorado-en-convivencia-escolar-e-diversidade-cultural