Navegación

No se han creado páginas aún

3.1. As ideas previas

Ideas previas


Foi a partir da presentación da primeira práctica cando a docente logrou introducirnos de cheo na materia. Co título de “Historias Previas” tenta facernos reflexionar acerca da nosa experiencia como alumnos e alumnas e que xuízo facíamos acerca das distintas figuras docentes ao longo de todas as nosas etapas educativas.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40795/prctica-1-historias-previas-parte-1

http://stellae.usc.es/red/blog/view/41819/prctica-1-historias-previas-parte-2

Esta tarefa supuxo un exercicio de meditación e reflexión para conseguir retornas ás miñas primeiras experiencias coma discente.

Foron moi dispares os recordos acerca de todo o profesorado co que compartín este proceso, pero sendo positivos sobre todo os recordos da etapa infantil e primaria, e empeorando chegando á secundaria.

Poñendo en común as miñas ideas coas do resto do grupo, chegamos á conclusión de que non se pode xeneralizar por etapas educativas acerca de que en cal tivemos mellores profesores ou profesoras, xa que en todas elas houbo profesorado moi diferente e con metodoloxías moi dispares. Pero si que atopamos algúns elementos que inflúen á hora de establecer diferenzas entre o profesorado de infantil ou primaria e o de secundaria ou universidade.

Así, por unha banda, o de infantil e primaria fórmase nas facultades de educación e polo tanto partimos de que escollen directamente a docencia coma profesión. Mentres que en secundaria e universidade fórmanse primeiro en facultades de especialidade e logo deciden continuar a súa formación para ser docentes. Neste senso, denotamos que os primeiros caracterízanse por ter maior formación pedagóxica e posiblemente maior vocación pola súa labor en relación ao segundo grupo.

Outro aspecto que inflúe na nosa concepción acerca de “bos” ou “malos” docentes é que nas primeiras etapas temos menos variedade de profesorado impartindo o titor as diferentes materias, e en secundaria ou universidade cada materia perténcelle a un profesor ou profesora distinto. Así, é lóxico que tiveramos peores experiencias nos últimos niveis educativos debido á variedade de profesorado e ás súas características.

Ademais disto, tamén habería que ter en conta a nosa idade e etapa evolutiva, xa que canto máis cativos valorabamos máis ir a escola e na etapa da adolescencia por exemplo, a ensinanza formal quedaba coma algo secundario.


Clase infantil vs. universitaria


Por outra parte, tamén tivemos que facer un percorrido por todas as materias da nosa titulación para establecer relacións coa temática que aquí nos atinxe: a formación do profesorado. Relativo a isto, reparar en que ao longo da carreira foron numerosas as veces que traballamos arredor do que supón esta figura. Destacamos así, a materia de Didáctica onde nos centramos nas competencias e funcións docentes ou nos modelos de profesor; a de Organización de Centros Educativos na que traballamos con variables coma o clima, o espazo, o tempo, a comunicación ou a lexislación vixente; a materia de Educación Comparada coa que puidemos observas as similitudes e diferenzas dos sistemas educativos de distintos países ou, finalmente na materia de Tecnoloxía Educativa na que nos centramos na formación específica en torno ás TIC así como á crecente necesidade de formación e actualización do profesorado ante os novos retos educativos do século.

Con esta introspección, cavilei na importancia que tiveron as figuras docentes ao longo de todo o meu desenvolvemento persoal e tamén académico, e de como aqueles profesores ou profesoras que tiñan vocación e verdadeiro interese por ensinar e empregaban un método flexible, dinámico e participativo son os primeiros que están nos meus recordos, todos eles positivos, de aí a que comezara a miña consideración e valoración pola notable importancia que ten a formación e desenvolvemento profesional nestes profesionais da educación e das consecuencias da decadencia destas nos seus educandos.

 

Continuando coas miñas concepcións previas antes de poñerme a montar a maleta para emprender a miña viaxe, non foi ata case pasados 10 días despois da primeira clase da materia cando me atrevín a comezar de maneira un pouco dubidosa e indecisa o meu traballo individual a través da plataforma. E que mellor maneira que intentar contestar esas cuestións a través da miña formación e experiencia.

Xa se observa na miña primeira entrada: Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado. Por que? ,tentei explicar o que eu entendía por formación do profesorado, dando lugar a unha primeira confusión: atribuír ao termo “formación” en xeral o significado de formación permanente ou continua, cando esta soamente se corresponde á unha das etapas da formación do profesorado.

 

Nesta entrada tamén introducín os meus pensamentos acerca da situación desta profesión caracterizada por un continuo cambio e novas esixencias por parte da sociedade o que obriga a transformar a figura docente tradicional de mero transmisor a guía no proceso de aprendizaxe dos seus discentes. Así, moitas das ideas suxeridas nesta entrada son as que posteriormente íamos a traballar e as que irían dando forma e axudando a responder todas as dúbidas existentes nesta primeira etapa.

Así, rememoro a cita de Edgar Faure que no seu día incluín sobre as funcións actuais demandadas para a labor docente: 

“Os profesores teñen cada vez menos como tarefa única o inculcar coñecementos e cada vez máis o papel de espertar o pensamento. O profesor, ao lado das súas tarefas tradicionais, está chamado a converterse nun conselleiro, un interlocutor; máis ben a persoa que axuda a buscar en común os argumentos contraditorios, que a que posúe as verdades prefabricadas; deberá dedicar máis tempo e enerxías ás actividades produtivas e creadoras; interacción, animación, comprensión e estímulo.”

 

 

Isto empeza a cobrar sentido...