3- INTRODUCCIÓN

3- INTRODUCCIÓN

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

Comezo dicindo que por segundo ano consecutivo a plataforma Stellae nos da a oprtunidade de compartir ou achegar ao resto de compañeiros unha axuda e mesmo información que cremos de interés.

image

Como ven sabemos una persoa actúa segundo as súas experiencias e os seus ideais, polo que cada un dos nosos blogs, archivos, páxinas... dan lugar a un espazo online propio e único de cada persoa.

Tamén sabemos que aínda que estivésemos en contacto con esta plataforma o ano pasado, a nosa intriga e medo ao principio do curso non se viu diminuído. Cada materia é un mundo e a nosa andaina por esta rede tería que ser diferente ou intentar diferenciala do resto.

Iniciamos a materia comentando experiencias pasadas e dialogando o que íamos a tratar en posteriores clases.  O desenvolvemento destas penso que nos aclarou e nos amosou a realidade do docente. Creo que esta materia nos deu a coñecer unha realidade e unhas características do profesorado que non chegamos a ver e que obviabamos. Considéroa de gran relevancia para nós, xa que moitos chegaremos a ser un deses docentes ou polo menos esperamos logralo ou participar en temas que incumban ao profesorado.

Destacar tamén o traballo en grupo que nos serviu para dar lugar a debates nos grupos que formamos, no meu caso en Pedagogas Online.

Considero o adentrarse nunha materia e no seu contido como o dun peregrino que percorre o camiño de Santiago e non sabe o que se vai atopar, pero cando o está percorrendo dase conta de que a traxectoria en cada etapa é distinta e cada unha apórtalle cousas distintas; pero todas elas forman o CAMIÑO.

image

A continuación intentarei relatar o meu traballo e resaltar os contidos da materia mediante a búsqueda do camiño e o percorrido deste.