Navegación

No se han creado páginas aún

3.4. O compartido

Traballo en grupo Unha parte importante e inesquecible á hora de pensar nesta viaxe, foi o camiño percorrido de maneira colectiva a través do grupo denominado Postureo Stellae.

Mediante el, tres compañeiras máis eu, tentamos construír unha aprendizaxe conxunta enriquecéndonos coas nosas ideas propias e persoais e chegando sempre a un consenso tras o seu respectivo debate.

Así, traballamos nas diferentes prácticas establecidas pola materia como foi a de Historias previas 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40795/prctica-1-historias-previas-parte-1 e http://stellae.usc.es/red/blog/view/41819/prctica-1-historias-previas-parte-2 das que xa falei anteriormente,

a da Marea Verde, acerca do conflito do TIL en Baleares, feito que supuxo un gran exemplo de colaboración e loita por parte do profesorado: http://stellae.usc.es/red/blog/view/42164/marea-verde-o-conflicto-educativo-balear

A da análise da lexislación educativa e comparación da LOE vs. LOMCE: 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/43703/prctica-3-loe-vs-lomce , na que se recollen as diferenzas entre ambas lexislacións no tocante ás funcións e a figura do profesorado e ás consecuencias que a implantación da LOMCE implicitamente traerá consigo sobre esta profesión.

Ou o último realizado na clase acerca do análise do Plan Anual de Formación do Profesorado 2013-2014:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/50896/plan-anual-de-formacin-do-profesorado-galicia-20132014. A partir do cal reparamos en que dende a Administración e o Goberno elabóranse este tipo de plans sen ter en conta un previo análise de necesidades nin incluídos aspectos relevantes e esenciais á hora de traballar a formación do profesorado. 


Outros temas foron traballados a maiores por decisión do grupo xa que nos pareceu interesante abordalos en profundidade coma foron o análise do Sistema de Indicadores da OCDE 2013 previamente visualizado e analizado na clase,

http://stellae.usc.es/red/blog/view/48212/o-entorno-dos-centros-educativos-e-a-aprendizaxe-espaa-vs-ocde-e-ue

Por outra banda o artigo pertencente á técnica de Seminario La docencia, una experiencia compartida,

http://stellae.usc.es/red/blog/view/48450/la-docencia-una-experiencia-compartida, da que extraímos coma idea principal que “Apréndese a ser mestre resolvendo problemas, traballando, equivocándose.”

Ou compartir a nosa creación do curso pasado para a materia de Deseño e Implantación de Plans e Programas de Formación acerca dun Proxecto de formación do profesorado en convivencia escolar e diversidade cultural. 

(http://stellae.usc.es/red/blog/view/49810/deseo-dun-proxecto-de-formacin-do-profesorado-en-convivencia-escolar-e-diversidade-cultural


Así o peche nesta materia tamén tivo que ser realizado polo grupo, analizando o noso proceso coma grupo e a evolución do mesmo.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/50909/recapitulando-sobre-a-experiencia-do-traballo-grupal


Reparo que este proceso resultoume bastante sinxelo debido a que todas xa nos coñecíamos e traballaramos xuntas con anterioridade. A pesar disto, traballar a través da rede social era todo un novo reto para nós, e o que máis dificultade nos produzo foi a sección de elaborar discusións xa que non comprendíamos moi ben a utilidade e función das mesmas, tras consultalo coa profesora entendemos a finalidade deste apartado e empregámolo coma un rexistro ao que poder acceder nun futuro para analizar e ter constancia do traballo desenvolto.

Finalmente resultou unha experiencia moi satisfactoria e enriquecedora xa que nos caracterizamos por ser un grupo que traballa en equipo e consenso, con empatía, colaboración, participación e implicación co noso traballo e coa responsabilidade pertinente que supón ao pertencer a un grupo.

 

 

 

Chegou a hora de pechar a maleta... e agora que?