A miña primavera.

A miña primavera.

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

Chega o momento de facer a miña reflexión máis profunda, como avancei? Cal foi o meu camiño? Que aprendín? Que me supuxo esta mareria? A priori parecen moitas preguntas pero pouco a pouco, a través desta páxina vamoslle a dar resposta.

Tres meses despois do comezo das clases, aquí me atopo, escribindo e reflexionando como foi o meu proceso de ensinanza. Recordo moi ben como comenzabamos a navegar nesta materia. A docente encargada de impartila, Lourdes Montero propuxonos unha actividade titulada “ Historias previas” cuxo obxectivo principal era reflexionar sobre o noso percorrido en relación aos nosos docentes. Tiñamos que botar a mirada atrás, buscar nos nosos recordos aquelas experiencias que marcaran a nosa vida educativa. Oxe decátome que foi unha moi boa actividade para dar comezo a unha materia cuxa temática era case descoñecida, para empezar a nosa andaina tiñamos que análizar aquilo que nos resulta familiar ( figuras docentes cercanas) para pouco a pouco ir resolvendo a encrucixada que tiñamos diante nosa. E a min, que me aportou esta práctica? A elaboración desta actividade fixome pensar na miña infancia, que profesores foran importantes para min e cales non, cales me marcaran para ben e cales para mal pero o mais importante fixome que me pantexara unha pregunta, quizais unha das preguntas máis sinceras que me fixen ao longo do meu paso pola Universidade; Realmente que é un docente? Cales son a súas funcións? Cal é o seu papel? Foron esta serie de preguntas as que me motivararon para realizar a miña primeira entrada no Stellae.

O papel do profesorado na actualidade: funcións.

"Todo profesor debe lograr al comienzo de una clase, como condición necesaria para activar la motivación de sus alumnos, captar su atención despertando su curiosidad, mostrando la relevancia de lo que han de aprender y creando las condiciones para mantener su interés"

"a escola debe converterse nun lugar máis atractivo para os alumnos e facilitarlles a clave para un verdadeiro coñecemento da sociedade da información"( Delors, J. 1996: 163)

Desta primeira entrada, recollo estas dúas citas,xa que considero que tras as súas palabras se esconde algo moito máis forte. Fálase que o profesorado ten que motivar pero alumnado está o profesorado motivado? 

A actitude docente: Catalizador de aprendizaxe.

Na entrada que adxunto recollo unha reflexión sobre como é a actitude docente é como esta inflúe no alumnado. A actitude positiva do docente mostrase na forma de tratar aos seus estudantes, no nivel de confianza que lle da aos seus alumnos, a importancia que lle da as situacións diarias do alumno alleas ao ámbito académico e na forma na que o profesor da a súa clase. Estas características provocan que o alumno se sinta confiado feito que propicia de xeito satisfatorio o proceso de ensinanza-aprendizaxe. As actitudes positivas do maestro expresanse no momento de establecer contacto con outras persoas manifestándose en todas as actividades humanas e xerando ambientes de convivencia positivos ou negativos. Este feito convirte as actitudes nun factor relevante para o rendemento dunha persoa á hora de realizar unha actividade. 

O docente con actitude negativa, manten unha relación puramente laboral co estudante, deixando de lado o aspecto emocional do mesmo e a necesidade de motivación. Este feito provoca no alumno sentimentos como ansiedade e medo que proveñen da falta dun clima de confianza e seguridade.

A modo de reflexión do que dixen ata agora, destaco esta cita :El maestro que intenta enseñar sin inspirar en el alumno el deseo de aprender está tratando de forjar un hierro frío.” Horace Greeley.

Que sucede no noso sistema educativo? Que sucede cos nosos docentes? Esta é a pregunta base dun conxunto de entradas que realicei posteriormente. 

O noso sistema educativo non é un desastre.

A imaxe que algúns medios de comunicación ofrecen do nosos sistema educativo é de ser un completo desastre marcado por un alto fracaso escolar, desmotivación tanto do alumno como do docente, desconfianza hacia o profesorado aos cales se lles vaora en función da súa ideoloxía política... máis tendo en conta todo este panórama temos que dicir que o noso sistema educativo non é un desastre.

Neste sentido cómpre dicir que unha afirmación dese calibre supón desvalorizar e tirar por terra o traballo de milleiros de profesores que día a día fan fronte a situación académica e persoal de cada un dos alumnos cos que se atopan, alumnos de moi diversas culturas e relixións. É por iso que, á hora de emitir un xuizo de valor desas características, tanto os diferentes partidos políticos como os medios de comunicación tiveran en conta a realidade do noso sistema educativo, marcado por un aumento de alumnado ben sexa extranxeiro como do propio pais. Deste blog, gustariame destacar a seguinte cita:

" Sería bo deixar aos profesores traballar en paz, todas as evaluacións nos din que traballan nunhos iveis máis que aceptables, e os nosos políticos e os nosos medios de comunicación deberían ser conscientes de que a erosión pública da imaxe social do noso sistema educativo non é un bon servizo nin para a educación nin para o país nos eu conxunto"

O profesorado, unha vez que remata a súa formación inicial, necesita estar constantemente actualizado, necesita ter unha formación Permanente continua que lle facilite actualizar os seus coñecementos . Vivimos nunha sociedade líquida e nun eido como o educativo faise necesaria unha continua actualización. En aspectos intercultulturais, sociais, teíricos, e sobre todo nas Tics, consideradas oxe en día un dos aspectos fundamentais da labor docente.

A formación e o desenvolvemento profesional docente fronte aos novos desafios da escolaridade.

Nas seguintes entradas afondei un pouco máis sobre como está oxe en día a formación do profesorado neste sentido crin convinte tratar temas como :

A docencia, unha experiecia compartida.

A elección de ser docente.

Formación inicial: entre a teoría é a práctica.

Identidade docente.

Así pois, de igual maneira que construimos a nosa personalidade en base ao noso contexto, os docentes van construindo a súa identidade docente en relación cos seus compañeiros de profesión. Estas relacións cos compañeiros poden ser ou ben positivas ou ben negativas feitos que condicionan que o clima no que se vai a traballar. O ambiente que se respire no centro educativo é un condicionante moi importante á hora de desenvolver a labor docente tanto no caso dun novel como doutro que conta con máis experiencia. Non é un segredo, que canto máis positivo sexa o clima no espazo de traballo é mellores sexan as relacións cos colegas de profesión, mellor será a motivación e a disposición do docente. 

"A formación é unha, en todo momento práctica e teórica á vez, tamén reflexiva e con identidade" ( Perrenoud, 2001,p.505)

Unha variable que afecta ao profesorado é o malestar docente, ou síndrome de Burnout. Cando se fala do termo malestar docente, estamos a facer referencia a un fenómeno que afecta a unha boa parte dos docentes, feito que desata acontecementos negativos para a educación. Os docentes sempre estiveron sometidos algún tipo de presión pero nunca tan intensas e continuas como as de agora. As excesivas condicións de traballo, as relacións coa familia, as relacións cos demáis compañeiros de traballo, a sobre carga de tarefas, o trato directo cun alumnado cada día máis cambiante, a continua actualización de contidos, as continuas reformas educativas, o escaso recoñecemento social... e infinidade de causas máis, provocan que o profesorado do noso pais estea cansado e débil, chegandose a ver afectada a súa saúde no peor dos casos.

De onde ven a crise da profesión docente?

Que é iso do síndrome do profesor queimado?

Estrés e burnout en profesores.

Xa para rematar gustariame facer referencia a AndyHargreaves é a súa sociedade do coñecemento.

Ensinar para a sociedade do coñecemento: educar para a creatividade.

 Aprender a enseñar para la sociedad del conocimiento.

A sociedade do coñecemento é unha sociedade de aprendizaxe, unha sociedade cambiante na que a información se expande rápidamente. O exito económico e unha cultura de innovación depende da capacidade dos traballadores para aprender por eles mesmos e dos outros. Unha economia do coñecemento funciona ademáis de coa enerxía das máquinas coa enerxía do cerebro. Neste sentido é importante a presenza dunha educación pública e de calidade para formar os futuros traballadores do coñecemento é unha sociedade do coñecemento completa. As escolas non deben deixar de lado a súa responsabilidade de promover as oportunidades dos xoves, o seu compormiso e a súa inclusión dentro, do mundo altamente calificado. Para iso é necesario un cambio, pero un cambio completo e marcado pola creatividade onde a capacidade máis importante será a hábilidade e a ansia de seguir aprendendo.

En relación a eses cambios, surxen novos espazos de ensinanza- aprendizaxe, nacen novas necesidades que é necesario que se lles poña solución. Neste sentido, fixen unha entrada sobre as aulas hospitalarias.

Aulas hospitalarias: un novo espazo donde ensinar.

 

Todos estes coñecementos foron formando todas as cores da miña primavera... máis ainda queda unha parte moi importate que analizar.

coñecementos amplos.