4- A BÚSQUEDA DO CAMIÑO

4- A BÚSQUEDA DO CAMIÑO

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

Empezamos esta andanza pensando que o que nos coñecíamos como un docente non tiña máis incógnitas, pero buscando e comezando a tratar man a man coa materia démonos de conta de que mércores tras mércores novos horizontes se ían abrindo.

image

Todos comezamos a camiñar buscando un destino e unha meta que acadar. O mesmo fixemos cada un de nós para traballar esta materia.  Pouco a pouco fomos compartindo experiencias, saberes e preocupacións que se ían avivando na clase. Quixemos na nosa “sociedade do coñecemento” se así lle podemos chamar, tratar todos os apartados despois dunha reflexión e dun dialogo que en cada clase xurdía. 

A pregunta de ¿Onde estamos e cara onde vamos? sempre estivo presente na miña andanza, cada momento despois de clase analizaba o dado nela para nalgún momento podelo reflexar nesta web; as anotacións e diálogos de clase conseguiron que as miñas entradas saísen tarde ou cedo a luz. Penso que non o que antes reflicte algo é o que mellor o reflicte, senón que o que analiza todas as posibilidades logra captar todos os matices.

Sigo asociando esta búsqueda do camiño coa miña traxectoria no Stellae. Cada un de nós buscou unha forma distinta de percorrer este camiño, pero todos seguimos a mesma senda, na metáfora sería O Camiño de Santiago. Creo que esta autonomía de subir os nosos blogs libremente e tratar o que nos quixésemos en relación a materia é un camiño complicado que cada un tivemos que saber andar. Considero que non o que máis entradas posúa é o que mellor chegou a meta, senón que o que mellor trate a esencia da materia é o que mellor buscou e se orientou para percorrer o camiño.

Nesta etapa todos traballamos co termo de docente, o concepto central da materia: actividade profesional de ensinar.  Polo que ao ser profesional este é unha persoa cunha elevada preparación e especialización que presta un servizo social importante. Alguén con capacidade para fundamentar as súas decisións; un experto da materia. (Montero, 1999: 107)

En dita búsqueda a pregunta máis frecuente sempre mencionada é a de: ¿ é ensinar unha profesión base da que o resto depende? polo que, ¿É a máis importante e a que máis riscos conleva?

Todas as nosas dúbidas e incertezas vanse a ir resolvendo tratando os contidos de cada clase e afrontándonos a novas informacións que nos axudaron a comprender a realidade de hoxe en día.

image

“El error obliga a rehacer el camino y eso enseña muchas cosas. La duda, no. Entre el error y la duda, opto siempre por el primero.” (BENET, Juan)