Un proceso compartido: Retos Stellae 2.0

Un proceso compartido: Retos Stellae 2.0

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

Non poderia falar do meu percorrido por esta materia sin facer ningún tipo de alusión ao meu grupo de traballo, xa que foi moi importante de cara a creación dos coñecementos. De xeito grupal compartimos información, debatimola, análizamola ata lograr un resultado final, un resultado que parte dos coñecementos de todos os membros do grupo. Nalgún momento do meu portafolios fixen unha semellanza entre os meus compañeiros e os animais que estan presentes na primavera. Ao igual que animais e prantas forman parte dun ecosistema, os meus compañeiros e eu formamos un equipo, un grupo de traballo.

"Llegar juntos es el principio. Mantenerse juntos, es el progreso. Trabajar juntos es el éxito”Henry Ford.

Retos Stellae 2.0 foi o nome que lle demos ao noso grupo. Cal foi o motivo? A dicir verdade teño as miña dúbidas, máis creo que o real motivo deste nome é o reto que o Stellae supoñia para todos. Anteriormente xa habiamos traballado en grupo pero, ben é certo que nunca o fixeramos mediante a rede.Se o traballo individual foi unha tarefa complexa, as actividades a realizar polo grupo todavía o eran máis. Xa non era só feito de afrontarnos a unha temática descoñecida mediante a dunha rede social educativa; a dificultade incrementabase ao ter que traballar en grupo. Un grupo require constancia, reflexión, análise, posta en común.... todos eles aspectos nada fáciles de conseguir. Quizais non fomos o mellor grupo traballando, quizais deberiamos reflexionar un pouco máis, pero esta experiencia tan novedosa no meu curriculo formativo é un feito que supera todos os aspectos negativos ou pouco sinxelos. Mediante pequenas reflexións e discusións grupais, pouco a pouco fomos elaborando as nosas actividades, fomos formando noso coñecemento de xeito compartido.

Centrándonos agora nas actividades realizas podo destacar as seguintes:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40686/reflexin-sobre-o-profesorado-de-infantil-primaria-secundaria-e-a-universidade

 Nesta primeira actividade, era o momento de votar a vista atras, de recordar aqueles profesores que marcaron a nosa infancia.  

http://stellae.usc.es/red/blog/view/42204/prctica-1-2-parte-materias-nas-que-se-traballou-a-temtica-da-formacin-do-profesorado

Nesta segunda parte da primeira actividade, seguimos coa mirada atrás, a nosa labor era recuperar aquelas materias nas que traballaramos algo sobre a profesión docente.  Nesta actividade a participación de todos os membros do grupo foi un dos aspectos fundamentais.

 Terceira actividade: http://stellae.usc.es/red/blog/view/42654/prctica-2-profesores-en-conflicto

Chegaba o momento de analizar a situación docente, chegaba a hora de comprender as dificultades as que o profesorado tiña que facer fronte. Neste caso seria a través do análise e reflexión da marea verde balear. Foi sin lugar a dúbidas, a práctica máis motivadora, motivadora no sentido de que  temos que loitar posto que ahí fora alguén necesita a nosa axuda e nosa forza para reclamar os seus dereitos.  A seguinte práctica, estaría ligada a esta. Tiñamos que analizar a LOMCE establecendo unha comparación coa LOE en aqueles artigos referentes ao profesorado.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/47145/prctica-3-loe-vs-lomce

Desta práctica  podo destacar o seguinte video, xa que resume aqueles aspectos que abordamos durante a reflexión grupal.´

Nas dúas últimas entradas grupales, traballamos aqueles aspectos relacionados coa formación continua do profesorado na actualidade. Neste sentido, análizamos dous informes un da OCDE e o Plan Anual de Formación do profesorado para o ano 2013-2014. En ámbolos dous plans vimos carencias e necesidades que quizais algún día cheguemos a solventar nos como futuros e futuras profesionais da educación.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/50063/panorama-da-educacin-indicadores-da-ocde-2013

http://stellae.usc.es/red/blog/view/51190/plan-anual-de-formacin-do-profesorado-galicia-20132014

Traballo en equipo.