D.3. Imaxe da profesión docente

A profesión docente percibe unha serie de cambios debido á influencia da sociedade actual, neste senso, é preciso reflexionar sobre a percepción do sistema educativo español e dos docentes.

Para iniciar esta análise partimos da realización dun traballo en equipo no cal abordamos a problemática lingüística en Baleares, incidindo na folga que levaron a cabo, así como nas distintas visións que presentaba esta problemática para os distintos axentes implicados.

 http://stellae.usc.es/red/blog/view/41822/a-marea-verde-un-achegamento-ao-caso-balear

http://stellae.usc.es/red/blog/view/42032/a-mirada-sobre-o-profesorado

Para tratar de xeito máis amplo a formación do profesorado no espazo español, tras a aprobación da LOMCE, recollemos un análise no grupo Red de pedagogas no cal comparamos a LOE coa nova lei, en canto á formación do profesorado.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/44403/que-cambia-na-lomce-con-respecto-loe-en-canto-ao-profesorado

Tendo en conta isto, consideramos interesante levar a cabo unha análise do informe da OCDE, 2013 Education at Glance. Xa que presenta unha visión xeral do sistema educativo comparandoi co resto de Europa. Esta análise foi realizado de forma individual, así como de forma conxunta.

O sistema educativo español a análise

http://stellae.usc.es/red/blog/view/45800/education-at-glance-anlise

 

Por outro lado, nas últimas sesións levamos a cabo unha lectura pormenorizada do Plan de Formación Anual do Profesorado 2013-2014,da Xunta de Galicia. O análise que levamos a cabo recollémolo no traballo grupal.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/48476/as-ideas-da-consellera-para-a-formacin-do-profesorado

 

Por último, e volvendo a incidir na importancia que ten a mirada da sociedade cara os docentes, levei a cabo unha reflexión do artigo Nuestro sistema educativo no es un desastre de J. M. Esteve, o cal insiste na imaxe catastrofista que medios de comunicación e políticos fan do Sistema educativo español e dos docentes.

A educación en España

Así mesmo e debido á importancia dos medios de comunicación, no mantemento da imaxes social dos docentes, analicei os distintos estereotipos presentes na sociedade sobre esta profesión, no blog Desprestixio da profesión docente.

Desprestixio da profesión docente

 

En liñas, o que aqui recollo é unha visión global do sistema educativo e da profesión docente, a través da LOMCE, dun informe internacional e dun plan de formación. Para logo centrarme na visión dos políticos, medios de comunicación e a sociedade en xeral.

O que esto nos fai formularnos é a necesidade ou non de facer tanto fincapé nos estudos internacionais, os cales están descontextualizados e atenden a aspectos moi xerais. sin embargo, como puidemos ver no informe da OCDE, 2013, o sistema educativo español non se atopa nunha posición tan mala, como nos fan creer a través dos informes PISA, tan importantes para os medios de comunicación e políticos. Asemade fainos reflexionar sobre o motivo que leva aos políticos a criticar tanto a educación e adpatar as distintas leis as súas ideoloxías. Cal é o problema? Non será que nos están facendo crer algo que non é real? Ten algún obxetivo manter esta visión na sociedade?