C.1. Primeira parada da viaxe: A profesión docente

C.1. Primeira parada da viaxe: A profesión docente

Última actualización de en silvia

Nesta primeira parada quero facer énfase na figura docente, así como nos distintos aspectos que configuran esta complexa profesión. Así, ao longo da materia fixemos alusión a como debería ser a formación inicial e continúa destes profesionais, analizamos a realidade da súa práctica profesional e fixemos referencia ás características que deberían ter os docentes para adaptarse aos continuos cambios que se producen na sociedade do coñecemento, tratando de amosar a complexidade que entrama a profesión docente. 

Antes de nada, gustaríame empezar cunha pregunta: ¿Qué significar ser profesor/a? Responder a esta cuestión non é un tarefa sinxela, pero podería dicir que un profesor sería aquela persoa que se dedica ao ámbito da ensinanza e cuxa función principal consiste en motivar aos seus educandos propoñéndolles actividades creativas e dinámicas que promoveran o traballo autónomo e de indagación por parte de cada un deles, a vez que lles ensinara a traballar en equipo, converténdose o docente neste caso, nun orientador que guía o proceso de aprendizaxe dos seus alumnos/as.

O seguinte vídeo sintetiza moi ben a definición que intentei expresar con anterioridade:

Unha vez que indiquei o que significa para min ser docente, vou volver a vista atrás para recordar a aqueles docentes que deixaron unha pegada en min, ben de forma positiva ou por algún aspecto negativo.  E nesta visión global sobre o profesorado vou facer referencia a dous aspectos claves na función docente, como son a formación inicial e permanente do profesorado, variables traballadas como un tema transversal ao longo das distintas entradas do meu blog.

Así, na primeira entrada da materia comezaba a miña andaina volvendo á infancia e recordando a todos os docentes que dende a educación infantil e ata a universidade me deron clase. Así pois, recordo con cariño a miña profe de educación infantil, esa mestra  a que nos lle tiñamos un profundo afecto. Sen embargo, na formación inicial destes docentes contémplanse estratexias de cara a intervención cos futuros educandos, polo que aos docentes que se dedican a esta da ensinanza resúltalles máis sinxela a tarefa de educar, xa que dispoñen de estratexias previas para traballar co seu alumnado.

Porén, na educación primaria, recordo con tristeza a actuación dunha docente que debido á falta de ferramentas para xestionar adecuadamente as situación diversas que acontecían no contexto da aula, reaccionaba con violencia. Así, despois do meu paso pola materia considero que esta situación se puido deber a varios factores. Un deles quizais era a falta de vocación da docente ou o malestar producido por todos os anos nos que non buscou ou non recibiu axuda para xestionar os conflitos na aula así como a falta de ferramentas para solucionar de forma satisfactoria calquera situación complexa que requiría de estratexias adecuadas para a súa resolución. Así, neste sentido, quizais a formación permanente había axudado á docente a actualizarse no exercicio da súa profesión e deste xeito, evitar odiar a profesión. Co cal, unha vez que a docente se retira das aulas, terá a sensación de haber vivido unha vida que non quería e desenvolvendo unha profesión que incluso chegou a odiar.

Porén, en primaria tamén tiven un docente que me influíu de forma positiva, pero era cercano a nós e propiciaba nas clase un ambiente moi afectivo, co cal so podo dicir que ese docente me influíu positivamente de cara a miña profesión, pois era unha especie de referente para min, un docente que vivía a docencia con ilusión e entusiamo, e que o día da xubilación deixaba as aulas cunha profunda tristeza, pois ¿Qué faría a partir daquel momento?

Como vemos en función dos dous casos comentados, existe unha controversia na ensinanza, podendo encontrarnos con docentes entusiasmado pola súa profesión, mentres que outros terminan por odiar a mesma. Esta controversia da que aquí falo, aparece explicada con maior detalle no artigo de J.M. Esteve titulado “La docencia: competencias, valores y emociones”.

Por outro lado, na secundaria  e bacharelato tamén me atopei con docentes que vivían a súa profesión, e outros para os cales ter que enfrontarse aos seus alumnos cada mañá era un verdadeiro suplicio.

E finalmente, a universidade, na que tamén nos atopamos con docentes que nos transmitiron ademais dos contidos da súa materia, un modo distinto de entender a educación, e de trasladar esas ideas á práctica.

Unha mirada cara ao profesorado das distintas etapas educativas (Neste enlace apareceren indicados con maior detalle os aspectos aora citados). 

A continuación, tratei diferentes aspectos en relación coa profesión docente, como por exemplo, os factores que desestabilizan ao profesorado, incluíndo neste aspecto o status social da profesión docente ou a valoración negativa que medios de comunicación e políticos fan da educación e por tanto da labor docente.

¿De onde vén a crise da profesión docente?

"Considero que a profesión dos docentes é unha tarefa complicada que esixe formación continua para poder responder ás dificultades e necesidades que xorden nas aulas. Pero esta formación continua non consiste unicamente en asistir a cursos de formación nos que se aprenden determinados contidos teóricos e "xa está", senón que o importante sería trasladar á aula os coñecementos adquiridos en ditos cursos, para así mellorar os procesos de ensino aprendizaxe.
Ademais, é importante indicar a forte presión social á que están sometidos os docentes, posto que son “atacados” unha e outra vez polos políticos, medios de comunicación e poboación en xeral, considerándoos os únicos responsables dos malos resultados do noso sistema educativo. Pero que pasa cos recortes no ámbito da educación? ¿Cómo afecta á ensinanza o despido masivo do profesorado? Estas cuestións son un exemplo do panorama que se vive neste momento na educación e das dificultades coas que teñen que lidiar os docentes. 
Por outro lado, ao non ter en conta ao profesorado á hora de elaborar as leis educativas, a pesar de que son os únicos coñecedores da realidade que se vive diariamente nas aulas, provoca que os docentes non se sintan a gusto co traballo que realizan, xa que dende as administracións non se recoñece a labor que estes desenvolven". 

¿É o noso sistema educativo un desastre?

"Aínda que nos queiran transmitir unha imaxe negativa sobre a labor que desenvolve o profesorado, o certo é que nos últimos trinta anos se lograron avances significativos, e ditos avances débense ao esforzo e vontade de profesores aos que non se lles ofreceron os medios para realizar o seu traballo, como está acontecendo neste momento, pois recórtaselle o salario aos docentes, auméntanlles as horas lectivas ao igual que o número de alumnos por aula, co cal se está dificultando enormemente a labor dos mesmos, pero a pesar de todo isto, os docentes realizan igualmente o seu traballo, unha labor que merece un gran recoñecemento. 

Sen embargo, a pesar de que nos queiran convencer do contrario, o traballo dos docentes é recoñecido tanto polas familias como pola sociedade en xeral, alcanzado unha boa puntuación nas enquisas realizadas a ambos colectivos, puntuación que non alcanzan ningún dos nosos actuais políticos, xa que estes nin sequera rozan o aprobado.

Polo tanto aínda que os políticos e medios de comunicación manipulen a información e traten de desvalorizar o traballo dos docentes, o certo é que a poboación recoñece a gran labor que realizan estes profesionais. E aínda que é necesario repensar a educación e buscar métodos distintos aos que temos actualmente, moitos aspectos do sistema educativo non son de todo negativos, polo que non debemos deixarnos influenciar pola imaxe que queren transmitirnos e quedarnos cos avances que se lograron ao longo dos anos, como a escolarización plena dos nenos/as ou o a obrigatoriedade da educación secundaria".

Así outro aspecto que dificulta a labor dos profesores noveles, e a desvinculación existente entre a teoría e a práctica. 

¿Pero realmente non aprendemos nada no noso paso polas facultades?  ¿Ou realmente os coñecementos teóricos orientan despois a nosa práctica, aínda que non sexamos conscientes diso?

Teoría e práctica na formación inicial dos docentes

Quizais é precisamente esa falta de conexión entre teoría e práctica o que provoca que moitas docentes se desilusionen ao observar que moitas das situacións que ocorren no día a día non se parecen en nada a imaxe idealizada que el tiña da ensinanza, imaxe á que contribuíron películas como “El club de los poetas muertos” entre outros, pois moitos docentes ao ver o papel do profesorado, buscaba adentrándose no mundo da educación vivir experiencias semellantes ás narradas da película, pero na maioría dos casos isto non ocorre. Así, moitos docentes pasarían a sentir un profundo malestar, considerando cada día na aula un auténtico suplicio e evadíndose dunha realidade profesional que cada día lle fai máis dano.

La docencia: competencias, valores y emociones, de J. M. Esteve

 

A través de todas as entradas do blog, pretendía ofrecer a dobre cara en función de como os docentes viven a ensinanza, encontrándonos por un lado con docentes que disfrutan co seu traballo e por outro, con aqueles profesores para os que a tarefa de ensinar supón un pesada carga.

Así, trataba de ver que causas que estaban detrás dese malestar docente do que tanto se fala na actualidade, e entre os factores que provocan dita situación encontrámonoss cunha desvalorización do traballo docente debido ás enormes críticas que sobre estes profesionais verten tanto medios de comunicación como políticos, a pesar de que a sociedade valora positivamente o labor destes profesionais.

Por outro lado, ese descontento e malestar pode estar motivado pola desvinculación que os docentes noveles perciben entre os coñecementos teóricos adquiridos na universidade e a posterior posta en práctica dos mesmos. É dicir, moitas veces, as ideas que os docentes teñen para aplicar na práctica non coinciden co proxecto de centro, polo que ese profesor termina frustrándose e perde a súa motivación.

Por iso, neste sentido é importante a formación permanente de cara a complementar a formación inicial dos profesionais da educación, de xeito que os docentes poidan adaptarse con facilidade aos constantes cambios que se producen no contexto da aula, converténdose nun docente catalizador nas aulas do século XXI.

E para rematar, adxunto a entrada no blog na cal reflexionei sobre as características que debe reunir o profesorado na sociedade do coñecemento, xa que considero que este artigo recolle todos os elementos que veño desenvolvendo desde o comezo desta páxina, sendo pois un documento completo que integra a maioría dos contidos abordados ao longo da materia. 

¿Que deberíamos cambiar do noso sistema educativo? Competencias para ensinar na Sociedade do Coñecemento