6. Conclusións.

6. Conclusións.

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

Chega o momento da despedida, toca decirlle adeus a este segundo viaxe polos mundos do Stellae. Nesta última paxina gustariame reflexionar sobre todo o aprendido, todo o meu camiño. Así mesmo quero deixar claro, pese a que considero que o fun aclarando nalgunhas das paxinas cal foi o meu fio conductor ao longo de todo o proceso.

Considero que o meu fio conductor foi a temática do profesorado abarcada tanto dende a súa formación inicial e permanente, tomando en consideranción aqueles aspectos que dificultan a súa labor docente e aqueles que fan que esta profesión sexa única, tales como a motivación ou a vocación.

En canto ao meu camiño, podo mencionar algunhas conclusións as que cheguei durante a reflexión final que fixen da materia.

Unha mirada hacia o pasado.

Unha vez cursado esta materia, teño máis claro que como pedagogas e pedagogos temos que loitar por unha educación de máis calidade, facer fronte a esas leis educativas (véxase o exemplo da LOMCE traballada en clase) que debilitan a esencia da educación e fan a que a tarefa docente poida chegar a ser unha profesión nada ou pouco motivadora para aqueles que se dedican a este ámbito. Enlazando coa motivación docente, tal e como vimos en clase é un dos puntos fundamentais para realizar esa labor dun xeito satisfactorio, máis non o único, neste sentido, faise necesario que os mestres presenten unha capacidade para sair adiante, para sobrepoñerse aos periodos de estrés ( o que técnicamente se coñece como resiliencia). Recordemos que a profesión docente é unha labor directa con outras persoas polo que non é dificil que existan situacións pouco gratas, máis se temos en conta, unha vez máis, as malas condicións que día a día se establecen para a docencia.

Vocación, malestar docente, formación inical e permanente, feminización docente,identidate, traballo colaborativo, cooperación, profesorado novel, relación-teoria práctica... todos eles, oxe máis que nunca teñen sentido na miña identidade como pedagoga. Como aprendimos no transcurso das sesións en contacto co descoñecido e en xeral con todo aquilo co que te rodea vamos construindo a nosa identidade que nos marca tanto persoal como profesionalmente. Para min esta materia forma parte da miña identidade porque me axudou a coñecer, a investigar e a comprender un ámbito tan importante como descoñecido da educación. Como pedagoga, o curso de Formación e Desenvolvemento do profesorado,vaime axudar na miña labor, está claro que todavía me queda un longo camiño por percorrer pois tan só me atopo na punta do iceberg, máis considero que nun futuro xa podo aportar o meu graiño de area para mellorar algúns aspectos que vin erroneos ou incompletos en ámbitos relacionados.

Siempre hay que saber cuándo una etapa llega a su fin. Cerrando ciclos, cerrando puertas, ter

comezo do camiño

minando capítulos.”

Despidome do Stellae, esta rede deume a oportunidade de comenzar o meu camiño, pero ainda me queda moito por percorrer...


Quien volviendo a hacer el camino viejo aprende el nuevo, puede considerarse un maestro. (Confucio)

 

Un saúdo e ata a próxima!