E. Un camiño no cal non estou soa

Como fun comentando ao largo das distintas páxinas, gran parte do traballo na presente materia leveino a cabo a través do traballo en equipo.

Como xa comecei na introdución, formo parte do grupo Red de pedagogas. Os temas que tratamos neste grupo céntranse nos seguintes:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40270/os-nosos-pensamentos-sobre-o-profesorado-de-infantil-primaria-secundaria-universidade

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40904/formacin-do-profesorado

http://stellae.usc.es/red/blog/view/41822/a-marea-verde-un-achegamento-ao-caso-balear

http://stellae.usc.es/red/blog/view/42032/a-mirada-sobre-o-profesorado

http://stellae.usc.es/red/blog/view/44403/que-cambia-na-lomce-con-respecto-loe-en-canto-ao-profesorado

http://stellae.usc.es/red/blog/view/45800/education-at-glance-anlise

http://stellae.usc.es/red/blog/view/48476/as-ideas-da-consellera-para-a-formacin-do-profesorado

Cada unha destas entradas fai referencia a distintos temas que foron introducidos durante o desenvolvemento da materia. Tendo en conta isto, e como se pode ver nas miñas páxinas, considero que realizar o meu camiño de forma conxunta, contribúe en gran medida ao meu traballo individual. Debido a isto xa fun empregando as entradas en distintos apartados das miñas páxinas, xa que considero están intimamente relacionadas co traballo que realizo de forma autónoma.


Pero que significou este traballo en equipo?, sen dúbida a mellor forma de explicalo e analizalo e a través da reflexión que realizamos na seguinte entrada do blog. Con todo, se hai un feito que se repite ao largo das miñas páxinas é a importancia do traballo en equipo e a cooperación entre os docentes, xa que é a maneira máis óptima de reflexionar e ampliar os coñecementos.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/50335/a-importancia-do-traballo-en-equipo

Así mesmo, debo recalcar a importancia da reflexión conxunta levada a cabo na clase, xa que cada unha das aportacións contibúen a unha reflexión conxunta que amplía os puntos de mira. 

Pero aínda que sexa bo o traballo en equipo, non todos os grupos son equipos, mentras que todos os equipos son grupos. Este feito hai que telo moi presente á hora de levar a cabo un traballo en equipo.

 

No noso caso somos un gran equipo

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Interesante reflexión sobre los significados de trabajar colaborativamente. Formar un buen equipo... ¿en que institución educativa no es una meta valiosa?  Individualismo, aislamiento, taifas... equipos.

    Saludos

    Lourdes