F. Conclusión

F. Conclusión

Última actualización de en coral lopez lozano

Un novo camiño por percorrer, que de novo chega ao seu fin

Con esta páxina remato o meu paso pola rede Stellae, un período no que o modelo de traballo empregado é a clave dos seu éxito. É inevitable que realice unha comparación coa materia Tecnoloxía educativa, xa que o modelo de avaliación así como a metodoloxía e moi similar. Neste senso, desenvolvemos a teoría do Learning by doing, mais debo confesar que o meu traballo foi un pouco escaso nun primeiro momento.

Neste sentido ao contrario do que me ocorreu o ano pasado, foime moito máis complexo comezar a traballar, non daba iniciado as miñas reflexións e o tempo ía pasando. Coido que o momento da avaliación é ser consciente do que estaba acontecendo fíxome ver que estaba a realizar mal o meu traballo, non estaba cumprindo cunha das premisas básicas de levar a cabo un traballo continuo. Deste xeito, tiven que activarme, poñerme a traballar, aínda que o estres aflorou ao pouco tempo, tíñao merecido. Nembargante, considero que non ocorreu o mesmo no traballo en equipo de Red de pedagogas. Neste apartado do meu E-portafolio, fun levando a  cabo un traballo constante semana a semana, ben é certo que como comentamos na última reflexión grupal, o apartado de discusións non foi empregado todo o ben que se podería facer.

Creo que a miña mochila cargada de coñecementos iniciais, ampliou a súa capacidade, xa non só son contidos meramente técnicos de emprego da plataforma Stellae, senón que son un aumento considerable de conceptos e análises que de non ser pola metodoloxía seguida, non serían tan fácil de asumir. considero que pouco a pouco acadei os obxectivos que formula este tipo de formación, creo que pese a un mal comezo puiden acadar gran parte do que acadei.

No tocante a isto, é preciso que incida na importancia que ten para min a metodoloxía seguida. Os medos son constantes, mais con todo creo que é a mellor forma de enfrontarte a eles e ser realmente consciente do que estas aprendendo. Somos nós, os que a través das nosa reflexións e arquivos, decidimos cales son os contidos importantes, sendo os que construímos os coñecementos que consideramos relevantes para a materia. Por outro lado, a liberdade de análise fai que nos sexa sinxelo relacionar a temática cos nosos intereses, así como con exemplos persoais. Neste punto, paréceme moi interesante volver a incidir no interese e na importancia que tivo para min  levar a cabo unha reflexión da miña experiencia persoal.

Para min algúns dos meus profesores son figuras claves na miña vida, por tanto, darlles a importancia que merecen e dedicar varias sesión a isto foi moi emotivo e relevante para min.

A continuación recollo a miña última entrada do blog, na cal realizo unha análise da miña evolución na materia moito máis intensa e ampla.

A conta atrás ...

 

Con todo, finalizar esta etapa formativa, non é máis que poñer un punto e seguido na miña formación. Xa que como veño dicindo ao largo da miña reflexión “quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender”(Jonh Cotton Dana) e por tanto o meu camiño formativo non fai máis que comezar.

Cal será a miña próxima etapa?

camiño 1