C.2. Segunda parada da viaxe: O meu banco de recursos.

Nesta subpáxina vou a falar do meu blog persoal, no cal incorporei temáticas en relación ao papel do profesorado en distintos contextos, así como aos elementos que teñen unha gran importancia na práctica docente.

Por un lado, realicei unha entrada sobre o Pelouro, un centro de innovación psicopedagóxica, no cal os docentes se converten en guías que orientan o proceso educativo dos seus educandos. Así, estes docentes planifican a ensinanza no momento no que comezan as clases, pois son os alumnos os que deciden a temática sobre a cal van a traballar ese día en concreto. Así pois, estes docentes que traballan nun contexto escolar diferente dos tradicionais, deben estar constantemente formándose para poder atender as necesidades e intereses que demandan os seus educandos.

O Pelouro, unha gran experiencia educativa

Por outro lado, analicei o papel do profesor a través da película Taare Zameen Par

Vínculo entre un profesor e un alumno En relación ao papel de profesorado como mediador nos procesos de aprendizaxe dos seus educandos, citar tamén o papel do profesor na película Taare Zamee Par, posto que ese docente tiña unha boa formación que lle permitiu detectar nun alumno unha dificultade que estaba freando o proceso de aprendizaxe do mesmo. Así, a súa labor centrouse en axudar ao neno a superar a súa dificultade a través dunha metodoloxía dinámica e motivadora para o neno.

Así, este profesor si puido atender satisfactoriamente a necesidade do neno, máis os outros docentes do centro non se percataron do problema que presentaba o rapaz, polo que neste sentido é onde sería necesario incidir sobre a importancia da formación permanente, pero facendo referencia a un cambio na formación inicial dos futuros docentes xa que se van a enfrontar a unha gran diversidade de alumnado e deben estar preparados para xestionar dita situación.

 

Papel do profesorado a través da película "Taare Zameen Par"

Outra entrada que elaborei foi en relación coa importancia que xoga a comunicación non verbal nos procesos de aprendizaxe e na relación que se establece entre docentes- alumnos/as.

Así, moitas veces os docentes non son conscientes da información que transmiten aos seus alumnos a través dos xestos, da súa vestimenta ou da expresión facial, polo que sería necesario que dominasen estes aspectos, de xeito que puideran utilizar a comunicación non verbal para conseguir que a comunicación fose máis efectiva.

Importancia da comunicación non verbal nos procesos de ensino-aprendizaxe

A comunicación non verbal na aula

Aprendizaxe cooperativo

 

E por último, un dos elementos en relación coa práctica docente sobre o cal quería profundizar era analizar as vantaxes que supón o traballo colaborativo na función docente. Para iso, busquei información e descubrín distintas modalidades de traballo que coñecía en base a miña experiencia como estudante, máis non tiña referencia do nome concreto que recibía esa modalidade de traballo.

Importancia do traballo colaborativo entre o profesorado

La colaboración en los centros educativos: una oportunidad de aprendizaje profesional