C.3. Terceira parada da aprendizaxe: #postureostellae

C.3. Terceira parada da aprendizaxe: #postureostellae

Última actualización de en silvia

Nesta páxina quero indicar o que supuxo para min a realización do traballo grupal na rede social stellae, xa que a pesar de que o ano pasado utilizaramos esta rede como ferramenta para o traballo individual, a posibilidade de elaborar este curso un blog grupal foi unha novidade.

Antes de nada, gustaríame explicar o nome que lle puxemos ao grupo, xa que nos chamabamos #postureostellae. A pregunta é: ¿Por qué este nome tan característico? Pois ben, este nome tiña un significado para nós, xa que o ano pasado coincidindo co último tramo da materia de tecnoloxía educativa, produciuse un aumento na actividade no blog, o que levou a que varios compañeiros decidiran poñer tweets facendo referencia á actividade que se estaba rexistrando no blog, e así foi como apareceu o hashtag #postureostellae.

No tocante ao proceso grupal do traballo,facer referencia a que ao comezo estabamos un pouco confusas sobre o que supuña o traballo grupal, pero sobre todo no tocante ás discusións, posto que nos non víamos a utilidade de transcribir na rede o que previamente discutíamos en persoa. Pero a profesora tiña razón, as nosas reflexións en persoa non quedaban reflexadas en ningún lugar, polo que a posibilidade de “discutir” pola rede comezou a resultarnos interesante e pouco a pouco fomos rexistrando o proceso de elaboración de cada unha das entradas que compoñen o e-portafolios grupal.

En canto aos traballos que realizamos grupalmente destacar por un lado, as prácticas que nos mandaba a profesora Lourdes Montero, entre as cales se situaban: Historias previas, Marea Verde, análise LOE- LOMCE ou a comparación do sistema educativo: España VS. OCDE e UE, así como a análise realizada do plan de Formación do Profesorado. Así, volvimos a traballar grupalmente sobre aspectos traballados individualmente, como a formación permanente e inicial do profesorado así como os problemas aos que se teñen que enfrontar os profesores como consecuencia dos abusivos recortes no ámbito educativo. 

No segundo grupo decidimos incluír unha valoración e reflexión sobre un Proxecto de formación de Profesorado realizado por nós o curso pasado para a materia de Deseño.

Cooperación entre o profesorado



Por último, indicar que foi unha gran experiencia poder desenvolver o traballo xunto coas miñas compañeiras Bárbara, Nuria e Silvia, xa que levamos traballando xuntas dende primeiro de carreira, e é un verdadeiro placer poder realizar os traballos con elas, xa que cada unha de nós aporta algo diferente ao grupo. Sempre traballamos nun ambiente relaxado, e iso é precisamente o que nos identifica como grupo.