P2. A modo de introdución

P2. A modo de introdución

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

                                                       image

Para este último curso da carreira de Pedagoxía decidín entre outras materias escoller o itinerario de Escolar, dentro do cal se atopa a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, impartida pola profesora Lourdes montero.

Todo comezou con un papel con o noso nome escrito.

                                                                            image

 

Ante unha nova materia cabe de esperar novos obxectivos, novos contidos, novos intereses, e coma neste caso, unha nova (ou case nova) metodoloxía. Digo case nova pois a ferramenta de traballo proposta pola profesora xa a coñeciamos dunha materia do curso pasado, falo da rede social Stellae.

Co comezo desta materia achegámonos novamente a esta rede e comezamos a construír e elaborar opinións, análises, críticas, etc. En forma de blogs que iamos subindo a rede.

Neste e-portafolios pretendo achegar como foi o meu paso por esta materia, o meu progreso. Aquelo que me supuxo un obstáculo no meu camiño e aquelo que me aportou diferentes contidos, coñecementos, intereses, inquietudes, etc. Como futuro profesional da educación.

Seguindo algo que a nosa profesora de Tecnoloxía Educativa xa  nos suxerira o curso pasado para elaborar o e-portafolios da súa materia, coido que é necesario establecer un fíoo condutor dentro do meu traballo. Pois ben, considero que este fío condutor foi sen máis a formación do profesorado, ou máis ben dito a correcta formación do profesorado omo solución a moitos dos males presentes na nosa educación.

Como é normal antes de iniciar calquera materia, polo menos no meu caso, hai unha chea de preguntas e as ideas non están nada claras. Un termo como o é “formación” da para moito, moito máis do que esperaba.

Comeza o desenvolvemento da materia e comezan a aparecer moitos novos termos e conceptos, incluíndo algún que xa coñeciamos pero dunha maneira distinta ou menos profunda como por exemplo “Vocación”.

                                                          image