2. Curso Alto

2. Curso Alto

Última actualización de en Daniel Peña Albores

 

 O simil que empregarei para desenvolver as seguintes páxinas será o do río porque considero que o meu proceso de formación nesta disciplina é similar a morfoloxía deste accidente xeográfico.

 Como a primeira parte do río coñecida como curso alto, a miña aventura nesta materia atopouse cun entorno escarpado, onde xurdiron certas dificultades. Ó igual co río cando se atopa grandes rochas no seu camiño, eu tiven certos problemas para iniciar o meu traballo na Rede Social Stellae, principalmente por culpa do acceso a esta web ó non recordar ben o meu contrasinal.

 Respecto ó que ven sendo a materia en si mesma, o comezo desta etapa era como a auga que se precipita e se desxea nas altas cumes dos montes, sentinme frío e desencamiñado, como se descendese rápida e fortemente por pendentes moi pronunciadas sen entender moi ben en que consistía a disciplina e sobre que ideas debía reflexionar. A erosión que produciu na miña mente esta asignatura foi realmente forte pero, como un torrente de verdade, necesitei un elemento externo para centrarme no que comezou a tomar forma como o meu proceso de aprendizaxe e reflexión neste ámbito. Como para o río é a choiva a nosa docente, Lourdes Montero, foi o elemento externo que me axudou a canalizarme e debido a unha petición súa comecei o meu traballo persoal nesta web. Ademais, bastoume cunha visita o seu despacho para entender como debería conducir a miña tarefa como futuro pedagogo na labor docente: canalizar e profundizar  nos temas, non intentar saírme da canle sen máis, facelo soamente cando existiran grandes choivas de reflexión sobre unha temática en concreto, só nese caso o río poderíaa crecer o suficiente como para saírse do leito.


Imaxe para o Curso Alto


 Unha vez canalizado o primeiro tramo do meu curso alto, as ideas acerca do que significa a materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado. Persoalmente opino que esta disciplina, como xa indiquei na miña aportación a conclusión do grupo, resulta realmente fundamental para aqueles profesionais que vaian intervir de xeito directo ou indirecto no ámbito escolar. Os docentes asumen un papel principal na nosa sociedade ó ser os encargados de desenvolver e levar a cabo a función de formar e educar a todos os membros do sistema. Polo tanto, coñecer as súas características, a súa labor profesional e as súas motivacións sírvenos para aumentar a súa canle nos seus procesos de formación e deste modo sanear as necesidades que se lle presentan no contexto actual. Destacar que, na miña opinión, esta materia non só se debería impartir nos procesos de aprendizaxe dos expertos no ámbito educativo, como somos os pedagogos ou os propios docentes. Creo que tamén debería formar parte doutras disciplinas como as referentes á política, xa que este marco profesional está indubidablemente restrinxido para os verdadeiras profesionais no tema. Como a auga para un río natural, estas ideas e conceptos sobre esta temática son necesarios para crear o meu río metafórico de coñecemento.

 Pouco a pouco fun saíndo do val de ladeiras empinadas no que estiven durante a primeira parte do desenvolvemento persoal desta especialidade e os afluentes e choivas externas, como xa indiquei anteriormente, axudáronme a canalizar o meu traballo e deste xeito deixeime levar como a auga do torrente pola gravidade e pasei a seguinte etapa.