3. Curso Medio

 

 Chegados a este punto xa podemos falar do curso medio da miña etapa de desenvolvemento e expoñer o núcleo do meu traballo na Rede Social Stellae. Como nun río, esta etapa tivo unha pendente menor o que provocou que ó igual que as augas, o temas transcorreran máis lentamente, arrastrando consigo as ideas erosionadas sobre as que decidín ir reflexionando. Ademais debo destacar que tal como nos ríos naturais se van formando meandros e o curso adaptase ós obstáculos, as miñas reflexións e aportacións tiveron períodos de estancamento onde permaneceron certo tempo ata que conseguiron moldearse e continuar o seu camiño, é dicir, conseguín sacar diversas opinións e conclusións persoais das diferentes temáticas.

 A continuación irei explicando, breve pero concisamente, os apartados elaborados nos diferentes apartados desta Rede Social como elementos do curso medio do meu río metafórico de coñecemento. Para levar a cabo este proceso irei expoñendo cada apartado de maneira individual en varias subpáxinas.

 

 Imaxe para o Curso Medio