C) Introdución

C) Introdución

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

A continuación, centrareime en realizar unha pequena exposición do que foi para mín esta materia.

En primeiro lugar, coido que é necesario describir o significado dunha serie de termos moi relacionados con esta materia “Formación e desenvolvemento profesional do profesorado” como poden ser:

Rede Social Stellae:  En primeiro lugar debemos dicir que “Unha rede social é unha estrutura social composta por un conxunto de actores (tales como individuos ou organizacións) que están conectados por lazos interpersoais, que se poden interpretar como relacións de amizade, parentesco... “ Neste caso concreto, as relacións poden considerarse como amizades, pero ao mesmo tempo como compañeiros de clase.  Esta nova rede social é un proxecto moi ambicioso levado a cabo polo grupo de investigación Stellae nun afán de cambio de metodoloxía e educación en contacto coas TICs.

Portafolio/portfolio: “En educación, portafolio refírese a unha colección persoal de información que describe ou documenta os logros e aprendizaxes dunha persoa. Existe unha gran variedade de portafolio. Estes documentos son utilizados para moi diversos propósitos como pode ser a acreditación de experiencia previa, búsqueda de traballo, desenvolvemento profesional, certificación de competencias...”

E-portafolio: “Documento elaborado a partir de ferramentas tecnolóxicas e que normalmente tamén é dixital, é dicir, que os documentos que o compoñen poden ser consultados a través do ordenador ou mesmo na rede”.

Como explicarei posteriormente, estes elementos definidos anteriormente serán fundamentais a hora de explicar a nosa actividade, xa que xiraba ao redor deles.

Unha vez dito isto, gustaríame falar da metodoloxía levada a cabo nesta materia, xa que coido que é necesario destacala. Para comezar, debemos dicir que esta metodoloxía  non se pode considerar como “ordinaria”,” normal”… xa que supón unha gran innovación que dende fai moito tempo viña pedindo o alumnado. Con este método deixamos no pasado os “inxustos” exames teóricos, a mera acción memorística por parte do alumnado, a falta de autonomía por parte do alumnado, a pouca participación e motivación do alumnado… pasando a todo o contrario a través do noso traballo na rede social Stellae (definida anteriormente). Como se pudo ver, nesta materia levamos unha aprendizaxe constructivista por parte do alumnado, xa que fumos nos mesmos os que reflexionamos e profundizamos no mesmo a través do noso traballo nesta rede social. Neste caso a profesora Lourdes Montero non tivo unha tarefa sinxela, xa que era a encargada de ser a nosa guía, a nosa mediadora…o que quero dicir con isto é que era ela a encargada de suscitarnos dúbidas (ademáis de resolvérnolas como é lóxico), novos campos de coñecemento, orientarnos en diversas temáticas que nos chamaban a atención… Ademais, non recordo na miña vida como estudante un método mais xusto de evaluación ca este, xa que considero que un exame non vale para valorar realmente o traballo e a formación recibida nunha materia. Co método plantexado nesta materia,a través do e-portafolio (definido anteriormente), debemos poñer de manifesto os coñecementos adquiridos. Engadir, que se valorarán tamén unha serie de indicadores que mostrarán fielmente o traballo de cada alumno, xa que senón esta evaluación non estaría completa, como poden ser a temporalidade dos traballos, a súa calidade....

Por outra banda, teránse en conta outros aspectos moi importantes para min nesta evaluación, como pode ser a asistencia ou a participación nas sesión levadas a cabo nesta materia.

Xa para rematar este apartado, realizarei, nunha subpáxina, a explicación do meu símil en relación ao que foi o meu paso por esta materia.