Símil do meu aprendizaxe co curso dun rio

Comezarei este apartado dicindo que o símil que a min mais se me pareceu o meu proceso vivido nesta materia foi o “curso dun rio”, o camiño que existe dende o seu nacemento ata a súa desembocadura no mar.

Digo isto debido a numerosas cuestións como irei enumerando posteriormente.

o meu proceso

Como se pode ver nesta imaxe tan representativa, son catro os elementos ou estados fundamentais que conforman un rio ata a súa chegada ao mar.

En primeiro lugar, atopámonos ante o nacente. Neste momento xeralmente o rio leva moi pouca auga, e o espazo que abarca é moi pequeno. Isto foi o que me sucedeu a min nos inicios desta materia “Formación e Desenvolvemento Profesional do profesorado” xa que non conseguía adentrarme nesta temática, carecía de ideas para levalas a cabo na rede social Stellae, e as que levei a cabo, foron dunha forma tímida, sobre temáticas moi diversas, actividades propostas na aula...

Posteriormente, como se ve nesta imaxe, aparece a pendente, onde as augas do río collen forza e comezan a conformar o seu camiño ou estrada a través da erosión e da forza que leva no seu interior. Isto tamén se pode comparar coa miña formación, xa que co paso das sesións o meu interese e descubrimento de diversas temáticas vistas na aula axudoume a retomar o rumbo que debería e comezar a compartir coñecementos ou novas das que me fun informando e dar o meu punto de vista acerca de temas actuais, puntos de vista dos compañeiros...

E, por último, o curso e a desembocadura, dous momentos mais polos que pasa o río no seu camiño. Estas etapas podémolas comparar perfectamente co que foi o meu proceso. Xa que co transcurso das sesións, cada vez funme atopando mais cómodo coas temáticas traballadas. Posiblemente debido a que a miña base tamén se viu mellorada, xa que sinceramente, moitos dos temas vistos eran novidosos para nós, ou tan só tiñamos algunhas nocións acerca deles. Por último, en relación a desembocadura, podo dicir que sería o momento no que me atopo actualmente. Pode ser boa idea comparar o mar con moitos dos coñecementos da área educativa e, esta materia co rio ou a chave que nos permite adentrarnos nos mesmos. Con isto quero dicir que grazas a esta materia descubrimos, ou ao menos eu, unha gran cantidade de novos coñecementos, elementos, materiais... dos que non coñecíamos a súa existencia e polo tanto abrennos portas de cara a un futuro e centros de interés sobre os que traballar.

Por outra banda, o título deste traballo “Tódolos ríos van ao mar, pero o mar non se desborda”, é un proverbio chinés que me pareceu moi acertado para realizar outro símil do que foi o traballo como aula nesta materia. Este símil centrase principalmente en equiparar o traballo de cada alumno levado a cabo de forna individual con un rio, mentras que o mar, sería o verdadeiro coñecemento conformado gracias ao traballo de tódolos ríos (alumnos). De ahí esa oración, xa que tódolos alumnos conforman o coñecemento e este sempre vai a poder ser mellorado (investigando, con mais traballo..)