D) Corpo do traballo

D) Corpo do traballo

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

Neste apartado centrareime en poñer de manifesto todo o traballo levado a cabo por min nesta materia.

Antes de comezar coa análise en sí mesma, gustaríame dicir que debemos facer unha serie de aclaracións para o mellor entendemento do mesmo.

En primeiro lugar, temos que destacar que existen dous tipos de modalidades de traballo, por un lado aqueles que foron levados a cabo en grupo, e por outro, aqueles que foron realizados e desenvolvidos de forma individual. Debo destacar que me parece moi interesante e importante levar a cabo ambos métodos de traballo, xa que existen diversas temáticas que necesitan dun maior esforzo e debate e polo tanto deben de levarse a cabo en grupo, e outras, que son intereses do propio alumno ou saberes que debe dominar.

Por outra banda, nesta materia leváronse a cabo diferentes modalidades de sesións en canto ao seu transcurso. Por un lado as sesións expositivas cunha maior presenza da profesora a hora de impartir coñecementos, resolver dúbidas, tratar temas de interese ou de actualidade... E por outra parte, as sesións interactivas, onde o alumno era o protagonista. Nestas sesións levabamos a cabo debates, técnicas grupais, traballos grupais.... podemos dicir que era nestas sesións onde verdadeiramente éramos nós os creadores ou construtores do noso coñecemento, adoptando a nosa profesora unha actidude de guía, orientadora...

Dito isto, centrareime en poñer de manifesto as actividades levadas a cabo por mín en particular, ou polo meu grupo “Los pedagogos del Fondo”. Para unha correcta posta en común e para facilitar a súa comprensión e revisión, levarei a cabo unha pequena división polo que analizarei por un lado as entradas ao blogs, por outro os arquivos e, por último, os “tweets” e favoritos. Para elo, realizarei tantas subpáxinas como apartados existan, neste caso tres.