P3. O meu paso pola materia.

P3. O meu paso pola materia.

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

 

                                    image

Comeza entón a miña andanza por esta materia, unha andanza tanto individual como co meu grupo de traballo Pedagogos na Rede.

Logo dun comezo temeroso, apoiado en artigos, fontes, comentarios, opinións, etc. tratados en clase ou temas que me asaltaron nalgún momento e me pareceron interesantes para compartir, comezo a elaborar o meu blog.

O primeiro que tratei no meu blog foi algo tan importante como a vocación, relacionando a mesma con a boa formación do profesorado. A vocación como ben espuxen na miña primeira entrada non é o único necesario para formar un bo profesional, neste caso un docente, pero coido que é o punto de partida necesario para facelo.

 Vocación e profesorado

                                         image

 En relación co anterior, elaborei unha breve entrada sobre unha obra que se mencionou un día en clase e sobre a cal xa elaborara un traballo cursos atrás. Falo da Obra "El Profesor" de Frank McCourt. Unha obra moi interesante o meu parecer  que narra como foron os inicios de un mestre nun contexto hostil para o que nun principio non parecía estar preparado.

 

El Profesor de Frank McCourt


Logo, a modo de crítica sobre o noso sistema educativo e da maneira en que este forma os nosos docentes realicei unha entrada baseándome nunha idea que me percorría a cabeza dende fai tempo, desta maneira plantexo unha pregunta:

Que pasaría por exemplo se na nosa sanidade contásemos con un gran número de médicos que saberían diagnosticar unha enfermidade pero que non serían capaces de dar un tratamento a mesma? 

Indago en diferentes artigos que por casualidade atopei pola rede. Artigos que nos aportan datos que eu considero terribles sobre o que pasa no nosos sistema educativo, o propio titulo da miña entrada debería poñer os pelos de punta a calquera profesional da educación.

 

 Mestres suspensos en primaria

 

En relación co anterior, analizo un texto tratado nunha clase interactiva de José Gimeno Sacristán, o cal trata sobre a procedencia da crise da profesión docente.

 

 ¿De dónde viene la crisis de la profesion docente? De José Gimeno Sacristán.

 

Logo disto, tamén dedico unha entrada a un par de clases nas que analizamos o “Plan Anual de Formación do Profesorado 2013-2014” segundo un guión que nos facilitou a profesora. Aínda que máis que unha análise podemos dicir que esta entrada se torna máis ben nunha crítica do mesmo.

 

 Análise do Plan Anual de Formación do Profesorado 2013-2014.

 

Aludindo a presentación que visualizamos nunha clase interactiva sobre unha obra de Antonio Nóvoa realizo a miña seguinte entrada.

 

 O Regresso dos Professores de António Nóvoa, Reflexión

 

Finalmente realizo unha entrada referente ao último informe PISA e sobre os datos que este aporta sobre a educación n noso país. E tamén lle dedico outra entrada a un informe que atopei o buscar información sobre PISA, un informe moi interesante titulado “How the world's best performing schools systems come out on top”.


Reflexión sobre o Informe PISA do 2012

Outro informe que non é PISA. “A calidade de un sistema educativo non pode ser mellor que a dos seus profesores”

                                                              image

 

En canto o grupo de traballo, a nosa primeira entrada foi elaborada dende unha actividade que a profesora nos encomendou na primeira sesión de clase. Unha entrada chea de recordos que trata sobre a nosa historia no sistema educativo.

                                                                   image

 Nuestra Trayectoria Educativa: Profesores

 

Esta actividade constaba de dúas partes. A segunda parte consistía en recoller as materias nas que tratáramos o tema da formación do profesorado.

 

Nuestra Trayectoria Educativa: Profesores

                                                                image

Logo tamén introducimos o tema da Vocación, tema que como xa dixen foi amplamente tratado en clase, e unha análise conxunta do Plan Anual de Formación do Profesorado 2013-2014

La elección de ser docente, de Sandra Martínez Pérez

Plan de Formación del Profesorado

                                                 image