3.1 Blogs

3.1 Blogs

Última actualización de en Daniel Peña Albores

 

 Neste apartado do meu río metafórico de aprendizaxe, mostro preferencia polo cualitativo fronte ó cuantitativo. A educación en si mesma é dunha ciencia social, polo que non se trata dunha ciencia exacta. Debido a isto resúltame bastante complexo basear a elaboración do meu proceso formativa en realizar un gran número de entradas ó blog sen apenas profundizar, pensar e reflexionar sobre os temas que me resultaron interesante para manexar. Persoalmente considero algo inxustas as valoracións cuantitativas neste modelo de traballo xa que maior cantidade non é igual a maior calidade, a valoración debería centrarse en analizar as xustificacións dos por qué se realiza unha reflexión sobre os diferentes temas e na propia reflexión e profundización no asunto. Comparando o meu proceso co fluxo dun río, onde a auga que realmente se aproveita e importa é aquela que está limpa, é saudable e non estea turbia e descontrolada, a miña labor eliminou o prexuízo de realizar gran cantidade de blogs para a docente vise o “moito” que traballei e concentreime en realizar entradas produtivas, reflexivas e profundas. Este feito vese claramente reflectido na entrada titulada “Reflexión sobre os monográficos” onde, a diferenza dos meus compañeiros, realicei un só blog onde saquei as ideas que me resultaron máis importantes dos textos dispoñibles na reprografía e reflexionei sobre elas.

 É certo que como cando chove moito, o torrente aumenta descontroladamente, houbo momentos nos que a miña mente estaba disposta a reflexionar sobre o que fose, mais a miña parte humana axudoume, como fan as edificacións do home nos canles dos ríos, a reconducir o meu traballo e centrarme nos meus principios. Destacar que, grazas a titoría que tiven coa docente encargada da materia, puiden apuntalar diversos piares arredor do canle para que a miña imaxinación non voase sen máis e se saíse da temática sobre a que debía traballar.

 En canto ós blogs, destacar que tanto engadín aportacións guiadas pola nosa docente, como por exemplo o blog titulado “Identidade cosmopolita de Anthony Giddens, como reflexións sobre temas actuais que me resultaron importantes, como por exemplo os titulados “Manifestación. Por qué saír á rúa? ou “Reflexión sobre a polémica”, aínda que non saíran a luz durante as clases. Intentei levar a cabo un equilibrio entre o número de entradas escollidas por min mesmo e as que ían relacionadas directamente co exposto nas clases, tanto expositivas como interactivas.

 A continuación citarei os títulos dos blogs que elaborei durante o período de reflexión persoal sobre a materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado:

 

 Realmente síntome satisfeito con todas as entradas neste apartado. Todos me parecen importantes e sinceramente non eliminaría ningunha delas. Sen embargo, debo destacar que si engadiría unha entrada máis, sobre a formación do profesorado en situacións de conflito bélico, mais por falta de tempo, non conseguín atopar bibliografía e webgrafía necesaria para chegar a profundizar nesta temática. Persoalmente non me sinto decepcionado por non incluír esta entrada, xa que, para fallar ó principio de manter o meu proceso formativo dentro dun marco cualitativo, realizar unha entrada na que non puidese reflexionar todo o que me gustaría, si me sentiría decepcionado.