D.1) Blogs

D.1) Blogs

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

Este subapartado presentará principalmente as entradas realizadas na rede social Stellae tanto grupais como individuais.

Para a súa correcta exposición, intentarei relacionar tódolos temas tratados, xa que baixo o meu punto de vista, moitos destes documentos son complementarios uns de outros.

Para comezar, podo dicir que unha das temáticas que supuxo moitos debates e reflexións na nosa aula foi a aprobación da reforma de lei LOMCE. Antes da súa aprobación e de que miles de estudantes saíramos as rúas, dende o ámbito educativo xa viñamos advertindo as consecuencias e cambios que suporía esta nova normativa como se pode ver en LOMCE e Profesorado. Despois de todo o tempo empregado no coñecemento desta temática, a profesora Lourdes Montero encargounos a actividade de levar acabo de forma grupal, unha comparación entre a LOMCE e a LOE, LOMCE vs LOE (http://stellae.usc.es/red/blog/view/44692/loe-vs-lomce-profesorado), para ver de primeira man cales serían os cambios que viviríamos. Ademais, esta actividade tamén nos serviu para ver os retrocesos que supón esta reforma (LOMCE) e a pouca “mellora educativa” que busca ou propón.

Relacionado con isto, cando aínda nos atopábamos debatindo acerca desta temática, xurdiu o conflito educativo en Baleares, a coñecida como Marea Verde. Debido a gran repercusión que tiveron as manifestación e o gran impacto mediático desta nova, ademais de producirse no noso campo (educación), decidimos realizar de maneira grupal a entrada Marea Verde, Islas Baleares (http://stellae.usc.es/red/blog/view/42896/marea-verde-islas-baleares), onde explicamos o porqué do conflito, quen son os involucrados, as diferentes versións dos actos... Como todos sabemos, este conflicto debeuse primordialmente a unha cuestión lingüística, e debido ao grán interés e debate que supuxo na nosa clase, decidín levar a cabo este artigo PÓDESE? onde recollo un debate surxido na aula e dou o meu punto de vista.

Por outra banda, nesta materia tratamos unha serie de temáticas (a gran maioría) onde o profesor era o protagonista. En primeiro lugar, en La elección de ser docente, vimos as razóns mais utilizadas entre os docentes cando lle preguntan o porqué da elección da súa profesión. Como se pode ver, non estou dacordo en algunhas das afirmación que levan a cabo os autores dos textos analizados de aí que de o meu punto de vista. Posteriormente, en entradas como Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas amósasenos un termo moi utilizado nesta materia como é a sociedade Líquida, e como os cambios que se producen nesta afectan de maneira directa no sistema educativo. Ademais, neste traballo, dámonos conta a través dos datos presentados, da expresión tan utilizada no noso ámbito como é “a feminización da profesión docente”. Esta temática supuxome un gran interese, o mundo da muller na educación, polo que decidín levar a cabo unha pequena investigación sobre este aspecto como se pode ver nos seguintes documentosMULLERES E EDUCACIÓN: INTRODUCIÓN,MULLERES E EDUCACIÓN: CAPÍTULO PRIMEIRO e MULLERES E EDUCACIÓN: CAPÍTULO SEGUNDO.

Unha vez visto isto, a través da entrada de ¿DE DÓNDE VIENE LA CRISIS DE LA PROFESIÓN DOCENTE? vimos moitos dos factores que non axudaban, ou mais ben perxudicaban a labor docente. Este documento,  presentábanos unha visión un poco catastrofísta, pouco alentadora... ou o que é o mesmo, o gran traballo que deberíamos levar a cabo para cambiar a realidade que se nos presentaba. Pero, realmente, a través de “NUESTRO SISTEMA EDUCATIVO NO ES UN DESASTRE” pudemos ver que as cousas non estaban tan mal como parecían. Destacar que este foi unha das entradas que mais me gustou das realizadas por mín, xa que me pareceu unha temática moi a ter en conta. Posteriormente, tras coñecer nestas entradas a situación do contexto co que nos tocaría lidiar, centreime en realizar unha pequena exposición de como se encontraba a nosa profesión nos nosos días e o que ser docente significa como se pode ver en EL PROFESOR, HOY. Ademais, grazás a entrada La docencia, una experiencia compartida vimos dous dos temas que se deben traballar na educación como son a introdución dos formadores noveles no sistema educativo e a necesidade dunha maior colaboración entre iguais, neste caso entre profesores.

Unha vez visto isto, centreime principalmente en tratar temas relacionados coa formación tanto inicial como permanente do profesorado. Tratei estes temas a través de diversas entradas de forma individual como poden ser  Formación inicial: entre la teoría y la práctica e Formación Permanente, e de forma grupal a través da ANÁLISE PLAN ANUAL DE FORMACIÓN (GALICIA) (http://stellae.usc.es/red/blog/view/51100/anlise-plan-anual-de-formacin-galicia) . Nestas entradas móstranse declaracións de docentes noveles dando a súa opinión acerca da formación inicial (déficits, motivacións, erros..) por un lado, e por outro, fálannos sobre as ofertas a nivel estatal e autonómico da formación permanente, realizando un análise pormenorizado do caso da nosa comunidade autónioma, Galicia.

Unha das últimas entradas realizadas por min, Informe PISA 2012, tivo como principal obxetivo mostrar os resultados  acadados nesta avaliación internacional e realizar comparacións entre comunidades autónomas, paises... ademais de constatar a perda de equidade entre o alumnado tal e como amosa este estudo.

Xa por último, destacar que de maneira grupal levamos a cabo a PRACTICA 1. FORMACIÓN DO PROFESORADO (http://stellae.usc.es/red/groups/profile/40496/los-pedagogos-del-fondo), onde, en conxunto co resto dos integrantes do grupo, botamos unha ollada ao pasado e tratamos de describir aos nosos mestres nos diferentes niveis educativos. Destacar, que nesta materia levamos a cabo diversas técnicas de grupo como se pode ver en Técnica Acuario e Técnica "Puzzle". Resaltar que a primeira (técnica puzzle) non era coñecida por mín o que me agradou moito xa que é un tema de gran interés para mín.