D.2) Arquivos

D.2) Arquivos

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

Neste subapartado centrareime en poñer de manifesto os arquivos subidos por mín a esta rede social. Destacar que maiormente neste apartado centreime en establecer ou poñer de manifesto críticas que lle podemos achacar ao profesorado, ao sistema educativo, pais, sociedade e incluso ata o propio sistema instaurado no noso pais e que repercuten sobre os alumnos e a súa formación.

En primeiro lugar, a través do arquivo A LOMCE e as súas repercusións intentei mostrar dunha maneira moi gráfica e representativa as grandes repercusións que tería esta reforma educativa entre o alumnado. Como se ve, esta normativa bota ao garete moito do traballo levado a cabo por numerosos profesionais a prol da diversidade e a importancia desta. Como se ve, este é un fallo propiciado polo sistema no que vivimos que non ten en conta aos seus cidadán, ao igual que acontece na viñeta que compara España vs Finlandia, realmente, ¿podemos facer unha comparación entre ambos países en materia educativa? Tal e como se ve, esta comparación non sería acertada ou significativa tendo en conta o gran cambio que existe entre a valoración da educación nese país e no noso, xa que como todos sabemos, en Finlandia a educación está por encima de todo, tal e como debería ser baixo o meu punto de vista.

Por outra banda,  tal e como se pode ver en Critica sobre a escola actual e Falta de motivación entre o alumnado realizo unha profunda crítica acerca da pouca motivación que reciben os alumnos por parte da escola e profesorado. Os estudantes xeralmente pensan na escola como algo aburrido e monótono por iso, nos como formadores, debemos intentar cambiar esta situación. Debemos facer que os alumnos se sintan partícipes da súa formación e polo tanto motivados, que sexan eles os encargados de construír o seu coñecemento, tal e como nos aconteceu a nos nesta materia. Outra das críticas realizadas tal e como se ve en ¿¿Peces??, é a escasa ou inexistente formación da maioría do profesoradono ámbito das TICs ou novas tecnoloxías.  Ademais, a través de ¿A culpa de quen é? vemos claramente como os responsables da formación dos alumnos se pasan a “bola” de un a outro continuamente sen facer nada para cambiar a situación. Tal e como representa esta imaxe, temos que darnos conta tanto docentes, como pais como dende a administración, que en vez de loitar entre nós, debemos unir forzas e loitar todos xuntos cara a mellora da educación e conseguinte mellor formación dos alumnos.

Engadir, que non todo é culpa do sistema educativo, docentes... como se ve en Funcións do profesorado xa que a través desta viñeta tan crítica, dámonos conta de que os profesores non son os únicos culpables ou responsables da educación dos nosos fillos, veciños, amigos... senón que esta depende de TODOS (pais, profesores, compañeiros, administración, amigos...).

Xa por último, a través da fotografía de Escola unitaria, trato de poñer de manifesto o gran e dificultoso traballo levado a cabo por mestres no pasado que tiveron que lidiar con numerosas problemáticas e sempre sairon adiante. Con isto, trato de ofrecerlle esperanza a este colectivo que como vimos, sempre se atopa nunha situación de crise permanente,  para que sepan que con traballo, constancia e moita dedicación, as cousas poden sair adiante e obter moi bos resultados.