3.3 Tweets

3.3 Tweets

Última actualización de en Daniel Peña Albores


 Ó igual que nos arquivos realicei aportacións mesturadas entre aspectos referentes as clases e aspectos que me resultaron claves e importantes. Podo afirmar que estes apartados fan referencia ós momentos de descontrol que se produciron no meu río metafórico de coñecemento cando os afluentes de ideas chegaron a desbordarlo.

 Persoalmente, tamén quedei satisfeito con este apartado. Considero que todos eles cumpren un papel importante no meu proceso de aprendizaxe en relación a esta materia, tanto os que son produción propia como as referencias a outros autores.

 Se tivera que escoller tres deles quedaríame cos seguintes:

  • Olvidémonos de establecer días internacionais e aprendamos a valorar as cousas día a día.
  • "A educación non se vende, deféndese" Lema da CNT Valencia na Folga Educativa do 18 de outubro do 2013.
  • "Dime e esquézoo, ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo". Benjamin Franklin

 O primeiro destes tweets é de invención propia. Considero que tanto na función docente como na vida en xeral, nomear un día para conmemorar algo esta chegando a un punto de ridiculez extrema. Actualmente, xa se conmemora algo todos os días, polo que non chegamos a apreciar as cousas que se conmemoran día a día, chegamos a estar satisfeitos con poñernos a favor e defender unha cousa durante un día para esquecelo ó día seguinte. A nivel persoal estou totalmente en contra disto, a alfabetización é un proceso continuo, non podemos nomear un día para recoñecela e esquecernos dela o resto do ano, é dicir, debemos traballar con ela todos os días para chegar a conseguir resultados positivos.

 O segundo tweet é unha denuncia ás novas políticas do goberno do noso estado de cara á educación. Esta máis que claro que, coa nova lei de educación e os proxectos de recortes establecidos se está mercantilizando o sistema educativo e vivimos un proceso de retorno o pasado, o pasado no que só ós que tiñan posibles para poder estudar. Debemos defender a educación de calidade para todos e non poñernos ó servizo dos sistemas económicos que dificultan que todos optemos ás mesmas posibilidades.

 Por último, o tweet citando a Benjamin Franklin, resultoume moi interesante para realizar unha crítica dos modelos arcaicos de ensinanza. Podemos afirmar que no contexto actual os antigos sistemas de ensinanza - aprendizaxe convertéronse en métodos obsoletos e inservibles para a sociedade que nos rodea. Un dos factores que se ten que ter máis presente na docencia actual e aprender a motivar ós alumnos e alumnas, e isto só é posible se se involucra os rapaces no seu propio proceso formativo.