3.4. Favoritos

3.4. Favoritos

Última actualización de en Daniel Peña Albores

 

 No que atinxe a esta sección, a miña labor foi menor, se o comparamos cos outros apartados. A diferenza dos meus compañeiros e compañeiras, ós cales compartiron webs teóricas sobre a docencia, eu concretei este punto en compartir vídeos e noticias que crin interesantes para as visen tamén os meus camaradas e a miña docente. En cada un deles realicei unha breve explicación para que os curiosos soubesen sobre que ía o enlace antes de que clickaran nel para informalos do que se ían atopar. A continuación vou destacar cales destas aportación son vídeos e cales son noticias coa súa breve explicación.

 Vídeos:

  • Educación prohibida: Filme documental onde se mostran as diferentes perspectivas dos docentes dos distintos países de fala hispana e as súas opinións sobre o que acontece no seu contexto de traballo.
  • No recortes no: Vídeo onde nenos e nenas dunha escola pública cantan en contra dos Recortes en Educación. Resulta unha maneira sinxela de que os rapaces e rapazas entendan o que está a suceder no ámbito educativo.
  • A escola é um saco: Vídeo reflexivo sobre a situación actual da escola (brasileiro).

 Noticias:

  • Escola debaixo dunha ponte: Noticia da recollida da Guioteca sobre a innovadora escola aberta debaixo dunha ponte da cidade de Nova Delhi por dous mestres indios.
  • Segundo o PISA leemos ben: Noticia onde se mostra que segundo Pisa, Galiza, Catalunya, Navarra e Euskadi, comunidades autónomas con linguas oficiais distintas do castelán, están por riba da media do Estado en comprensión lectora nesa lingua.